CNT sae ás rúas no primeiro de maio

  • A CNT saíu ás rúas no Primeiro de Maio baixo o lema «Orgullo e dignidade obreira».
  • A manifestación percorreu as principais rúas da cidade compostelana
  • O acto fechouse coa participación da Sección Sindical en Médicos Sin Fronteras e do Secretário Xeral do Comité Confederal

Neste Primeiro de Maio o sindicato CNT Compostela aproveitou para saír ás rúas compostelanas, partindo da Porta do Camiño, nunha manifestación moi activa, como ven sendo habitual nas convocatorias do sindicato libertario.

Entre as habituais consignas da organización anarcosindicalista como «Unión, Acción, Autoxestión» o cortexo discorreu polas principais rúas da cidade.

A marcha finalizou na central praza do Toural coa participación dunha representante da Sección Sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras que explicou a situación en que se encontran actualmente os traballadores e traballadoras, con varias demandas á empresa entre elas por discriminación por razón de nacionalidade. A representante da sección enfatizou o apoio recibido por parte do sindicato, «un sindicato en que cada persoa fai seu os problemas que teñan as compañeiras e compañeiros». Terminou agradecendo todo o apoio mostrado nun conflito que aínda continúa vivo e valorando o carácter eficaz que ten a forma de facer sindicalismo da CNT.

Por último, tocou-lhe a vez ao Secretario Xeral do Comité Confederal, con sede actualmente en Compostela, que destacou exemplos de loitas sindicais de compañeiras e compañeiros en lugares como Zaragoza, Bilbo ou Valencia. Da mesma forma, salientou o carácter revolucionario do sindicato anarquista e a «necesidade de esforzo e empeño para construirmos a nova sociedade que pense nas necesidades das persoas entre todas e todos».

Galeria de imaxes

Primeiro de Maio en Compostela

Call Now ButtonChámanos