Este sábado 13 de abril o persoal público temporal está chamado a protestar pola fixeza na investidura do presidente Rueda na Igrexa San Domingos de Bonaval.
O persoal público temporal está farto xa da súa situación indefinida de abuso e reclama que as Administracións públicas cumpran xa coas disposicións do alto Tribunal Europeo.
Particularmente na Xunta de Galicia, exemplo de trato lamentable aos seus traballadores e traballadoras temporais, reclámase a paralización inmediata dos procesos de estabilización e a conversión a fixo segundo a doutrina europea.
Stop Abuso ao persoal temporal!
Fixeza XA!
Trae a túa cazola á investidura de Rueda este sábado 13 de abril na Igrexa San Domingos de Bonaval.