Amtega condenada ao pago de diferenzas salariais aos xestores de proxectos informáticos

O xulgado do social 3 de Compostela ven de resolver a demanda presentada pole CNT fallando en favor de varias compañeiras da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) que reclaman diferencias salariais pola realización de traballos de superior categoría.

A senteza considera probado que as persoas demandantes realizan traballos de xestión de proxectos informáticos correspondentes ao grupo I categoría 18 polo que obriga á Amtega ao abono das diferenzas salariais devengadas respecto da súa categoría actual.

Son moitos anos nos que o persoal da Amtega coñecido co rol de “Xestor TIC” desenvolve o seu labor de xestión e seguimento de proxectos tecnolóxicos con distintas categorias. É moi común que estas categorías estean por debaixo da categoría de referencia para estes responsables de proxectos que sería a de grupo 1 para o persoal laboral ou o equivalente grupo A1 para o persoal funcionario.

Desde a CNT xa se puxeron en marcha as correspondentes reclamacións en 2023 para moito do persoal afectado que fai parte da sección sindical da CNT na Amtega que cumpre labores de xestión de proxectos informáticos.

Por último, animamos a todo o persoal da Amtega que realiza tarefas de xestión de proxectos por debaixo da categoría, sexa laboral ou funcionario, fixo ou temporal a que se informe coa CNT e reclame os seus dereitos.

A igual traballo, igual salario!!