A Consellería de Medio Ambiente concede a autorización ambiental ó complexo ENCE-ELNOSA

Facendo oídos xordos ás peticións da sociedade pontevedresa que se manifestou recentemente contra a concesión da licenza, a Consellería de Manuel Vázquez Fernández otorgou a Autorización Ambiental Integrada (AAI).

O permiso ambiental é un requisito ineludible para as plantas, segundo a Lei de Control e Prevención Integrados da Contaminación. Foi concedido por un periodo de 3 anos, aínda que podía oscilar entre 2 e 10 anos.
Malia que Touriño dixo hai pouco que se está buscando outra ubicación para a pasteira, con feitos así só axudan a consolidar a localización actual.

O prazo para a concesión desta licencia expiraba o 30 de outubro do ano pasado, pero dado que só a tiñan 26 das 220 empresas galegas que a necesitaban, o goberno central creou unha moratoria ata o 30 de abril do 2008 cun axuste na Lei de Patrimonio Natural, dando máis tempo ás autonomías para a concesión dos permisos.

Malia que no caso de ENCE, ó ser un proxecto supramunicipal, o concello non pode emitir informes, no caso de ELNOSA hai tres contenciosos abertos entre a empresa e o Concello de Pontevedra, polo que a concesión da licencia por parte da Xunta non implica nada ata a sentenza dos xuízos pendentes.

O vindeiro mes de xuño @s pontevedres@s volveremos saír á rúa, apoiados por xente da bisbarra e pol@s compañeir@s de loita da ría de Ferrol, e diremos ben alto que non podemos agardar ata o 2018. ENCE MATA.
Cremos firmemente nunha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos e o monocultivo de eucalipto.

Call Now ButtonChámanos