A CNT mantén o apoio á defensa da CRTVG cunha concentración o día 16 marzo.

CNT, o Comité Intercentros da CRTVG e máis de trinta organizacións e colectivos políticos, sindicais e sociais galegos convocan unha nova acción de protesta para a defensa da CRTVG, que terá lugar en San Caetano o día 16 de marzo as 11:30.

Esta acción súmase a anterior manifestación do 6 de novembro en Compostela e a recente xornada de folga dos traballadores do día 6 de marzo. Nesta última folga os obxectivos que se plantexan son os que seguen:

1.     Reclamar o cesamento dos abusos e restablecer un clima laboral respectuoso cos dereitos das traballadoras e traballadores do ente público.

2.     Erradicar o trato degradante que os superiores xerárquicos e funcionais inflixen ás persoas traballadoras ao seu cargo .

3.     Realizar sen demora o estudo psicosocial acordado no Comité se Seguridade e Saúde Laboral.

4.     Repoñer nos seus respectivos medios de orixe o persoal que como represalia foi trasladado ós diferentes medios (radio, internet e televisión)

Observando estas reclamacións do propio persoal do ente e neste contexto de deterioramento progresivo da CRTVG e de abandono das misións que ten encomendadas, chámase á sociedade galega a saír ao rescate dos seus medios e maniféstase a firme vontade de defender a existencia dunha radiotelevisión pública que difunda contidos destinados a garantir a cultura e a lingua galega, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social e territorial, a promoción dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, como a igualdade e a non discriminación, e a calidade da propia democracia.

As organizacións convocantes son: Comité Intercentros da CRTVG, A Mesa pola Normalización Lingüística, Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación de Gaiteiras Galegas, Asociación de Profesionais da Rama Artística e da Dobraxe de Galicia APRADOGA, Asociación Lucenza Nigrán, Asociación pola Defensa da Ría, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Avante LGTB+, BNG, CCOO, CGT, CIG, CNT, CUT, Defende a Galega, Erguer, Esculca, Federación Rural Galega (FRUGA), Fundación Luís Tilve, Fundación Moncho Reboiras, InvestiGal-Rede Galega pola Investigación, Mulheres Nacionalistas Galegas, Músicas ao vivo, Plataforma Feminista Galega, Plataforma Queremos Galego, Plataforma SOS Sanidade Pública, Plataforma Veciñal Mina Touro-O PINO NON, PSdeG-PSOE, REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), Sindicato Ferroviario, Sindicato Labrego Galego, SOS Ficción en Galego, UGT-Galicia, Vía Galega.

Facebook Por unha CRTVG ao servizo do pobo
Twitter e Instagram @RescataraCRTVG

Call Now ButtonChámanos