A CNT inicia conflicto con AUTOCARES SERÉN

  • A empresa incumple practicamente todas as disposicións do convenio colectivo
  • Os incumprimentos da empresa e as deficiencias en materia de seguridade poñen en perigo a vida do persoal

A empresa de transporte de viaxeiros Autocares Serén vén de ser demandada pola CNT ante os incumprimentos en material laboral e de seguridade por parte da empresa e ante a falta de interese por parte da empresa para solucionalas.

Desde a CNT puxéronse en marcha unha serie de reclamacións por vía sindical que incluían o respeto da xornada laboral e dos descansos mínimos semanais e entre xornadas; o pagamento das retribucións salariais que se consignan no convenio colectivo e a adopción das medidas necesarias para protexer a integridade física do persoal ante incumprimentos de aspectos como o tempo máximo de condución.

Segundo a CNT a resposta da empresa foi «a negativa absoluta a falar de calquera condición laboral en presenza de sindicatos», polo que a anarcosindical adoptou a medida de denunciar as condicións de seguridade ante a Inspección de Traballo e a interposición dunha demanda xudicial en materia de aplicación do convenio colectivo e de cantidades, posto que a empresa «non aboa os salarios segundo a categoría correspondente, nin paga cantidade ningunha sobre os conceptos de pagas extraordinarias, complementos de antigüidade e de actividade complementaria, dietas, horas extraordinarias e os pluses de convenio, consolidado e de interrupción de xornada, é dicir, prácticamente todos as percepcións que se consignan no convenio colectivo».

Asimesmo, a CNT presenta unha demanda polos incumprimentos laborais do empresario en materia de seguridade, xa que o habitual son as longas xornadas que non respectan o descanso mínimo entre xornadas (posto que na meirande parte das ocasións non alcanza as dez horas) nin o descanso semanal (día e medio), circunstancia imposta pola empresa que supón un evidente risco tanto para a vida dos traballadores, coma dos usuarios que contratan os servizos da empresa como do resto de usuarios da vía.

Call Now ButtonChámanos