- A CNT presenta unha demanda ante o xulgado por despedimento nulo dun afiliado
- A gasolineira Los Ángeles Gas despide a un traballador pola súa afiliación sindical
A Gasolinera Los Ángeles Gas, de Brión, despide ao persoal reivindicativo ou a calquera que se opoña á súa explotación. O pasado mes de maio un afiliado da CNT, que traballaba como expendedor de gasolina durante as fins de semana, viu rescindido o seu contrato pola súa afiliación sindical, motivo polo que dende o sindicato demandamos á empresa.
O traballador, antes do despedimento, reclamaba á empresa dereitos tan fundamentais como o goce das vacacións, o pago de salarios acorde ao convenio colectivo de aplicación ou a avaliación de riscos laborais nunha empresa onde existen substancias altamente inflamables e onde non se tomaban as medidas de protección exisidas pola lexislación.
Los Ángeles Gas alega unha reorganización do traballo e recoñece textualmente a improcedencia na carta de despedimento coa intención de evitar un proceso xudicial. Sen embargo, este despedimento sitúa á empresa como vulneradora dos dereitos fundamentais, e polo tanto non é improcedente, senón nulo.
«Un despedimento nulo implica retrotraer a situación ao momento anterior, é dicir, facer como que non existiu», indícase desde o sindicato. Por iso as consecuencias deste tipo de cesamentos implican a readmisión da persoa traballadora e o pagamento de todos os salarios deixados de percibir durante o proceso xudicial, ademáis dunha indemnización adicional pola vulneración de dereitos fundamentais cunha cuantía mínima de 6.250€.