Despois de ter presentado varias denuncias sobre as condicións de traballo en Ambulancias María Pita, empresa concesionaria do transporte sanitario na área sanitaria de Cee, a CNT consegue que se melloren condicións básicas.
Por unha banda, consíguese o compromiso de implantar un protocolo de tempos que garanta que todos os servizos se poidan prestar con seguridade, evitando conducións precipitadas máis alá do necesario, e que garanta unha óptima planificación da adxudicación de servizos de forma que todo o persoal poida saír á súa hora e non teña que alongar a súa xornada de traballo.
Ademais, consíguese que a empresa devolva en descansos os excesos de xornada diarios e que se duplique a frecuencia de limpeza do vestiario e as zonas de hixiene das bases.
Desde a CNT enténdese que se avanza cara ao cumprimento dos mínimos legais en canto ás condicións de traballo, pero que aínda restan moitas cuestións por mellorar, entre ellas a obriga de dotación a todo o persoal dun EPI adecuado así como do mantemento da súa limpeza e desinfección; a asignación de servizos igualitarios a todo o persoal, así como a eliminación das horas de presenza e localización e o aumento a xornada completa de todos os contratos do persoal.
Seguiremos loitando polos dereitos das traballadoras e contra a explotación laboral!!