O pasado ano, compañeiros da FAU propuxeron á CNT participar nunha serie de encontros en Alemaña co obxectivo de compartir visións sobre a crise e o sindicalismo na Galiza. En resposta a este ofrecemento, membros dos sindicatos de Compostela e Ferrol visitarán varias localidades alemanas nas vindeiras dúas semanas.
Participarase, en primeiro lugar, nunha serie de talleres sobre a crise organizados por distintos colectivos, entre eles a FAU. Serán impartidos por membros de varias organizacións de esquerda e anticapitalistas para abordar as consecuencias e respostas á crise dende múltiples perspectivas. Os talleres terán lugar os día 29, 30 e 31 de marzo, nas localidades de Kiel, Bremen e Hamburgo, respectivamente.
Neste percurso, tamén se visitarán varios sindicatos da FAU para a realización de charlas-debate cos compañeiros e compañeiras sobre as perspectivas do anarcosindicalismo na situación actual. As charlas serán o día 3 de abril en Hannover, o 4 de abril en Frankfurt e o 6 de abril en Freiburg am Breisgau.
Agradecemos esta invitacións dos e das compas alemáns, esperando que este encontro, así coma outros deste cariz, sirvan para fortalecer vencellos entre traballadorxs e militantes de distintos países.
Para máis información: http://www.fau.org/artikel/art_130319-082240