Vitoria informática no Siega

O día 21 de Maio tivo lugar o acto de conciliación no SMAC de Compostela pola demanda da categoria profesional do compañeiro delegado da Sección Sindical no Siega (Informática da Consellería de Educación).

Nos prolegomenos do acto chegouse a un ventaxoso acordo co xefe da empresa SERMICRO chegado de Madrid no que se recoñecía a demandada categoría de Analista, amais dunha importante cantidade de cartos en cualidade de atrasos da categoría. Dito acordo farase efectivo antes do día 5 de xuño.

A Sección Sindical da CNT no Siega viña reclamando cas súas boas maneiras habituais e dende fai xa un tempo o recoñecemento da categoria profesional dos traballadores que contratados nunha categoría inferior, a de programador, realizan traballos superiores de xeito cotiá dende que entran a traballar na Consellería.

Este é un éxito, non só para o traballador implicado, senon para todo o resto de compañeiros informáticos que sofren en silencio iguais discriminacións. Dende a Sección, seguimos ofrecendo o noso apoio a todos eles.

Saúde!!

Call Now ButtonChámanos