27 de Xaneiro folga xeral!

Chamamento a folga xeral para o dia 27

A CNT da Galiza chama a todos os traballadores e traballadoras a secundar a folga xeral convocada na Galiza para o dia 27 de Xaneiro, contra a nova reforma da Seguridade Social, que amplia a idade de xubilación, aumenta a cotización necesaria para o acceso a mesma e rebaixa a cuantia das pensions. Desde a CNT facemos unha chamada a participación activa na folga, a non ficar nese comodo facto de non ir traballar. Chamamos a todos os traballadores e traballadoras a participar dos piquetes de feche de empresas, comercios e fabricas para garantir o noso direito de folga e impedir a indigna opción de garantir o direito ao traballo, e dicer, a esquirolaxe.

Seguir lendo 27 de Xaneiro folga xeral!

O falso debate sobre a crise do sistema de pensións

Nos últimos tempos asistimos a un debate sobre a necesidade de reformar o sistema de pensións co cal se está empregando unha linguaxe deliberadamente alarmista (drásticos descensos do superávit, desequilibrio nas contas da Seguridade Social, etc), algo que viñemos vendo durante todo o ano 2010, primeiro referido ao balance de 2009 e depois, ao finalizar novembro, tamén ao de 2010. O que por contra ninguén explicou, é que no ano 1999 non habia nengún fondo no que gardar e rendibilizar o superávit da Seguridade Social, que se ia segundo viña, e con todo á clase política e empresarial daquela parecia-lle ben o sistema de pensións. Tamén a mediados da década que acaba de rematar, en plena “época de vacas gordas”, rexistraban-se uns superávits similares aos de agora, e, igualmente, naquel momento parecia-lles ben a políticos e empresários o sistema de pensións vixente.

Seguir lendo O falso debate sobre a crise do sistema de pensións

Concentración pola readmisión dos despedidos en Tecnocom

Na tarde de onte, luns 20 de Decembro, un piquete da CNT concentraba-se nas portas da sede que a empresa Tecnocom ten no Polígono do Tambre. A concentración reclamaba a readmisión dos dous compañeiros despedidos pola empresa e a Xunta por ter denunciado a sua situación de traballadores cedidos ilegalmente, pois durante anos realizaron tarefas para a Xunta de Galicia mas contratados por Tecnocom.

Seguir lendo Concentración pola readmisión dos despedidos en Tecnocom

Contra os despedimentos na Xunta de Galicia

 

Desde a CNT de Compostela damos início a unha campaña de denúncia das condicións de contratación que se dan na Xunta de Galicia. Despois de vários despedimentos en diferentes consellerias, a CNT non permaneceremos en siléncio, senon que damos início a esta campaña contra a subcontratación e a explotación laboral na administración, campaña que culminará cunha manifestación en Compostela o vindeiro dia 12 de Febreiro de 2011.

Seguir lendo Contra os despedimentos na Xunta de Galicia

A CNT reclama vagas para docentes de português no ensino secundário

 

A instáncias da Associação de Docentes de Português, a CNT de Compostela reclama, junto com outros sindicatos, a convocatória de vagas para o ensino de português como segunda língua estrangeira.

Nesta sexta-feira, dia 17, às 11 horas, os sindicatos CIG-Ensino, FE-CCOO, FETE-UGT, ANPE, STEG, CSIF ,CNT e CUT apresentaram no Registo Central da Junta, em Santiago de Compostela, um escrito dirigido ao diretor geral de Educação, Formação Profissional e Inovação Educativa.

Seguir lendo A CNT reclama vagas para docentes de português no ensino secundário

Abstención ás eleccións sindicais no ensino

Os traballadores que participan nas eleccións sindicais, vénse obrigados a elexir unha candidatura pechada de candidatos e os sindicatos soen montar as súas candidaturas con calqueira tipo de persoa que se preste, sen valorar as súas cualidades. Na coviza de acadar unha serie de privilexios, moitos dos candidatos preséntanse ás eleccións para obter ou manter certas prebendas: crédito horario, estabilidade no posto de traballo, liberdade de movimiento laboral…

Seguir lendo Abstención ás eleccións sindicais no ensino

Aquagest despide

O Sindicato CNT de Betanzos quere denunciar á opinión pública osdespedimentos que estanse a producir na empresa Aquagest Galicia, máis enconcreto nas instalcións deportivas e piscina municipal. Aquagest estase a escusar en supostos motivos disciplinarios para xustificar legalmente a improcedencia destes despedimentos.

Seguir lendo Aquagest despide
Call Now ButtonChámanos