CNT continúa a campaña de mobilizacións contra a política económica e social do goberno

A CNT oponse frontalmente ao Acordo Económico e Social subscrito entre goberno, patronal e CCOO e UGT, as súas medidas (Recorte das pensións e fomento da precariedade), non son senón a continuación da Reforma Laboral, e de unha política de recortes continuos de dereitos, agora coa complicidade de CCOO e UGT, que puxeron en marcha unha política de pacto social ao servizo exclusivo dos beneficios da patronal e da banca.

Seguir lendo CNT continúa a campaña de mobilizacións contra a política económica e social do goberno

San Precario, patrón dos informátic@s

Este é o 5º ano de celebración do San Precario no Siega, o servizo de Informática da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Nesta ocasión faremos especial fincapé no aumento da preocupación dos informáticos polas súas condicións laborais, tanto na comarca de Compostela como a nivel de todo o estado, crecendo os conflitos e a autoorganización dos traballadores e traballadoras no sector.

Seguir lendo San Precario, patrón dos informátic@s

Na rúa contra a subcontratación na Xunta.

 

Arredor de cen traballadoras e traballadores convocadas pola CNT saímos á rúa este 26 de marzo en Compostela para denunciar cesión ilegal de traballadores na administración en favor de empresas privadas, así como prácticas de acoso e despedimento.

Aínda que o tempo non acompañou, a manifestación comezou ás doce do mediodía na Praza Roxa de Compostela e rematou na Praza de Cervantes coa intervención dun dos despedidos e do secretario xeral da CNT compostelá.

Seguir lendo Na rúa contra a subcontratación na Xunta.

Concentracións en solidariedade cos despedimentos na Xunta de Galiza

 

Esta semana a CNT de Coruña e Madrid realizaron actos de solidariedade cos compañeiros despedidos pola Xunta de Galiza a través das empresas Tecnocom e Tragsa. 

Os compañeiros da Coruña fixeron o xoves 24 unha concentración diante da sede de NovaCaixaGalicia na Avenida da Marina durante o trascurso dun evento comercial de Tecnocom.

Seguir lendo Concentracións en solidariedade cos despedimentos na Xunta de Galiza

CNT rexeita a guerra en Libia e a participación do goberno español na mesma

Os gobernos que durante anos apoiaron e armaron a Gadafi do mesmo xeito que fixeron con outros réximes como o de Mubarak en Exipto ou Ben Alí en Tunez non teñen ningunha credibilidade. CNT rexeita o inicio de bombardeos contra Libia e a participación do goberno español nos mesmos. 

Esta nova guerra non fará senón agravar a situación do pobo libio, como xa puxeron de manifesto intervencións similares en Iugoslavia, Afganistán ou Iraq. Do mesmo xeito que nestes países, as razóns humanitarias esgrimidas non son senón a pantalla de hipocrisía e cinismo tras a que se esconden os descarados intereses das elites capitalistas na súa rapina dos recursos enerxéticos do planeta. As intervencións militares arrastran sempre un regueiro de vítimas civís, destrución de infraestruturas e desorganización dos servizos públicos fundamentais, provocando en definitiva sufrimento e morte á poboación civil en beneficio das elites.

Seguir lendo CNT rexeita a guerra en Libia e a participación do goberno español na mesma

O pacto anti-social

Se hai uns meses foi a reforma laboral, agora tocoulle ás pensións. As corporacións sindicais UXT e CCOO, despois do simulacro de protesta do 29-S puxéronse de novo de acordo co goberno para asestar un novo golpe aos dereitos dos traballadores. Os recortes que se introducen son:

Seguir lendo O pacto anti-social

13M-PT: A precariedade é o estado normal das nossas vidas sob o domínio do Estado e do Capital

13 Março 2011. Secção AIT-SP – Lisboa.

Todos sabemos que a precariedade laboral, o desemprego e os salários de miséria não são um problema só dos jovens licenciados, mas da grande maioria dos trabalhadores. Portanto, reivindicar trabalho estável e salários dignos apenas para quem é jovem e tem formação universitária não poderá passar de uma piada de mau-gosto.

Seguir lendo 13M-PT: A precariedade é o estado normal das nossas vidas sob o domínio do Estado e do Capital

Concentración en Bertamiráns: Concha Lavid paga o que debes!!

A CNT de Compostela saiu onte á rua desta volta en Bertamiráns para recordarlle a Concha Lavid o pago pendente coa traballadora da gardería Violonchelo Blue que despediu recentemente.

Así, un piquete formado por unha ducia de compañeiros e compañeiras situado estratéxicamente ao lado do concurrido mercadillo do sábado estivo informando, berrando e repartindo varios centos de panfletos coa información relativa a este conflito aos abraiados veciños de Bertamiráns.

Seguir lendo Concentración en Bertamiráns: Concha Lavid paga o que debes!!

A muller no século XXI: Reivindicacións, propostas e experiéncias desde un prisma libertário

Neste 8 de Marzo, a CNT ven de editar, baixo o título “A muller no século XXI: Reivindicacións, propostas e experiéncias desde un prisma libertário”, un pequeno dossier desde o que se aportan análises e propostas para a superación da desigualdade de xénero desde un ponto de vista e praxe libertários.

Seguir lendo A muller no século XXI: Reivindicacións, propostas e experiéncias desde un prisma libertário

8 de Marzo, dia da muller traballadora: Iguais na crise, iguais na luita!

 

Se actualmente as mulleres traballadoras, por un sesgo de xénero nos atopamos cunha situación máis desfavorecida que os homes en canto a tipo de contratación, mantemento do posto de traballo, e percepción de pensións; aprobado o Acordo Social e Económico que endurece o sistema das pensións, xunto coa reforma laboral e a redución do gasto público, a situación que se nos presenta non é boa en demasia.

Seguir lendo 8 de Marzo, dia da muller traballadora: Iguais na crise, iguais na luita!
Call Now ButtonChámanos