8 de Marzo: Dispostas a entregarnos?

O lema escollido pola Xunta para este 8 de marzo é “Sen mulleres non hai Galicia”. Fixeron un anuncio moi de cor beige que di que todas nos chamamos “Pilar” porque somos un piar fundamental (igual quería dicir fundamentalmente explotado…).

Escollamos unha Pilar.

Digamos que por exemplo este 8 de marzo se ergueu algo antes das sete da mañá. Que fixo o almorzo para ela, para a súa filla – Pilariña – e para o pai da súa filla – que poderíamos chamar Pilón -. Despois lavou a louza, duchouse – mentres escoitaba na radio valorar a orixinalidade dun concello galego que organizara un concurso de tortillas cociñadas por homes para celebrar o Día Internacional da Muller-, vestiuse, puxo unha lavadora, tomou a medicación receitada por un psiquiatra e baixou á rúa con dúas bolsas de lixo na man.

Seguir lendo 8 de Marzo: Dispostas a entregarnos?

Charla debate. Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois

Com motivo do quadragésimo aniversário dos acontecimentos de Março do 72, onde primeiro na nossa cidade e depois em Vigo emergiu a classe obreira como protagonista na luita popular, na Fundaçom Artábria queremos contribuir para a comemoraçom das grandes jornadas de luita ocorridas na nossa comarca e nas quais fôrom abatidos os trabalhadores de Bazán Amador Rei e Daniel Niebla, vítimas dos disparos da polícia fascista.

 

Os atos darám começo quarta-feira, 7 de março às 20.30hs com um Colóquio sob a legenda Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois, no qual contaremos com as seguintes participantes: Jesus A. Lopes Pintos (CIG); Xávi Porto (CNT); Xaquín Garcia Sinde (O Militante) e Rafael Pilhado, ex-sindicalista.

 

Seguir lendo Charla debate. Março do 72: expetativas da classe obreira galega quarenta anos depois

IIIª Edición Foro-Mesa Redonda «O sector forestal a debate».

A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT considera que para mellorar as condicións laborais e a calidade de vida das traballadoras e traballadores do sector forestal non só é preciso facer unha labor exclusivamente sindical, senón que débese facer tamén unha labor a nivel cultural divulgando os coñecementos sobre o sector forestal para que serva como escola para que a sociedade teña instrumentos para xestionar a nosa liberdade e capacidade.

Pensamos que se pode mellorar a rendabilidade do sector forestal en Galiza, buscando o equilibrio entre os aspectos económico, social e ecolóxico.

Seguir lendo IIIª Edición Foro-Mesa Redonda «O sector forestal a debate».

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 23/2/12

Iniciamos a asemblea ás 10:15 am. no salón de actos de Sanidade con menos xente que na última reunión do 9 de febreiro, pero aínda así uns 3/4 de aforo. 

Toma a palabra unha representante dos traballadores e dá as grazas pola masiva asistencia ás mobilizacións e indica que esta é a liña a seguir. Toma a palabra outro representante dos traballadores e di que aínda que o martes que veñe se aprobe o proxecto de lei no parlamento queda a opción de recurrilo ante o tribunal constitucional e mesmo interpor un recurso directo ante o tribunal europeo por incumprir a normativa desta institución respecto ao persoal interino. 
Dito o cal, outra representante dos traballadores fai un repaso de como quedou definitivamente o tema dos recortes no proxecto de lei e recalca que a mellora introducida respecto da incapacidade temporal (IT) que é produto das mobilizacións de sindicatos e traballadores. Fala outro representante e di que é necesario seguir coas mobilizacións, e que se pode facer un peche o vindeiro luns pola tarde e noite no centro de traballo como protesta pola aprobación do proxecto de lei do día seguinte. Ademais fala de que esta mesma tarde hai unha concentración na compostelana praza do Toral, así como noutros puntos da xeografía galega , ás que sería conveniente ir. Tamén hai intención de facer concentracións todas as semanas aproveitando a pausa para o café, así como seguir coas mobilizacións. Manterános informados por medio de correos e publicidade nos taboleiros de anuncios. Tamén menciona que a mellora respecto da IT foi grazas á presión que as mobilizacións dos traballadores e sindicatos fixeron ao goberno da Xunta. 
Ábrese unha quenda de palabras. 
Un compañeiro comenta que igual que o goberno levou a cabo mediante proxecto de lei un recorte dos nosos dereitos, nós podiamos facer o mesmo co mecanismo que a legalidade nos permite, neste caso a iniciativa lexislativa popular (ILP) para recortar os esaxerados dereitos que eles teñen (aplausos). Comenta que con 15.000 firmas pódese levar a cabo a proposición de lei e tendo en conta que os traballadores publicos en Galicia suman ao redor de 90.000 sería factible levalo a cabo. Ademais poderíase sumar firmas de xente que non tivesen relación coa administración e que quixesen acabar coas prebendas que ten a clase política; solicita que se vote a proposta. 
Outro compañeiro intervén e dí que él, coa aprobación destas medidas, sente coma se o estivesen a violar e que probablemente o consigan, pero que non vai ser co seu consentimento (aplausos). Menciona tamén que non está de acordo co escrito que os sindicatos fixeron chegar aos traballadores para que o asinasen e o fixeran chegar ao presidente da Xunta. Cree que esa medida non debería ser a titulo invidual, se non que debería ser un escrito que debería estar subscrito polos representates do persoal e avalada en todo caso pola firma dos traballadores. Tamén recalca que está de acordo con continuar coas mobilizacións. 
Intervén unha compañeira que di que o día anterior solicitou a un dos sindicatos unha orde do dia e que lla mandaron. Ademais dos puntos a debater, nela figuraba que se entregaría aos traballadores á entrada no salón e que isto non se fixo. Solicita que en futuras asembleas se mande a mesma xunto coa convocatoria e dí ademais que non esta de acordo con que as concentracións sexan en horario de traballo pola imaxe que se poida dar aos cidadáns pola desatención dos servizos públicos. 
O compañeiro da anécdota da violación di que non debemos ter medo a realizar as mobilizacións en horario de traballo, pois só faltaría que encima de recortarnos os nosos dereitos non pudieramos mobilizarnos durante a nosa xornada laboral. Móntase un pouco de balbordo. 
Intervén unha representante sindical e dí que é certo que se tentou facer unha orde do día para entregar na asemblea, pero que ao final se lles votó o tempo enriba e pensaron que se podía realizar a reunión sen entregar a mesma, pero que para a próxima vez tentarase entregar en tempo e forma. 
O compañeiro da ILP pide que se voten as propostas. 
Intervén un representante dos traballadores e dí que en realidade non é necesario levar a cabo unha ILP , pois xa se presentou un escrito o 10 de febreiro no rexistro de presidencia de San Caetano asinado pola presidenta da xunta de persoal e do comité de empresa propoñendo unha serie de propostas alternativas á futura lei de medidas no emprego publico e a posterior distribución dun escrito repartido entre os traballadores para que apoiasen a iniciativa dos representantes do persoal. 
O compañeiro da ILP comenta que unha cousa non ten que ver coa outra. 
Unha representante dos traballadores comenta a problemática de levar a cabo a mesma, pois tería que ser unha iniciativa que se debería levar a cabo en toda Galicia e que habería que realizar un traballo coordinado con represéntalos dos diferentes centros. 
Finalmente procédese as votacións a man alzada. 
A proposta da iniciativa popular é aprobada por ampla mayoria. Tambien apróbase o levar a cabo concentracións semanais durante a pausa para o café, así como a concentración ante o parlamento o martes, cando se aprobe o proxecto de lei. 
Ademas apróbase facer uns pines ou outro tipo de publicidade que lembren a situación na que nos atopamos a compañeiros e cidadanía en xeral. 
Respecto ao peche o luns que vén non hai demasiada unanimidade. Un compañeiro nestes momentos toma a palabra e di que ten que ser coordinado en todos os centros, que se non, non vale para nada. Móntase algo de balbordo e decídese deixalo de momento. 
Solicítanse novas quendas de palabra, pero xa non se conceden. 
Devandito o anterior levántase a sesión a iso das 11 am.

Seguir lendo Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 23/2/12

29 de Marzo Folga Xeral

Ante o escenario creado pola derradeira reforma laboral da patronal e do goberno, a CNT-Galiza convoca Folga Xeral para o dia 29 de Marzo, xunto ás centrais sindicais CIG, CGT e CUT; e coincidindo coa folga xeral en Euskal Herria.

Animamos á clase traballadora a non asistir aos seus postos de traballo ese día, e a participar dos piquetes e mobilizacións que se realicen, tanto os días previos como o día 29.

Agora mais que nunca, a nosa clase ten que saír á rúa a loitar polos nosos dereitos.

Seguir lendo 29 de Marzo Folga Xeral

A reforma laboral de Rajoy, outro brutal ataque contra os dereitos dos traballadores

Abarata o despedimento, crea novas modalidades de contratos lixo e dá máis facilidades para o descolgue dos Convenios por parte das empresas, ofrece facilidades para realizar despedimentos colectivos e, propón medidas de presión para que os traballadores enfermos non se dean de baixa e crea máis bonificacións para os empresarios, ademais promove novas normas para facilitar o despedimento do persoal laboral do sector público.

Seguir lendo A reforma laboral de Rajoy, outro brutal ataque contra os dereitos dos traballadores

Chamamento á mobilización do persoal das escolas infantís

A CNT apoia a concentración convocada pola Cig para o venres 17 de Febreiro ás 18,30h na escola infantil de san roque.

O persoal da rede de escolas infantís galiña azul xa estamos fartas de tanta manipulación por parte do consorcio. A xerencia ten claramente uns plans privatizadores, recorta dereitos coa excusa dunha crise fabricada polos propios políticos, e utiliza a promesa dunha convocatoria de oposicións con fins somente electoralistas. Mentras tanto, a paciencia se nos esgota, agardando os movementos que sabemos que o consorcio ten perfectamente planificados para facer o seu traspaso á axencia. Ocúltanos as condicións baixo as que dito cambio se producirá, e pretende que nos conformemos sen saber o que vai ser do noso futuro.

Seguir lendo Chamamento á mobilización do persoal das escolas infantís

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 9/2/12

Iniciamos a asemblea ás 11:00 do día 09/02/2011 no salón de actos de San Lázaro cun cheo absoluto. Reunidos representantes dos catro sindicatos maioritarios (CSIF, CIG, CCOO e UGT) en representación da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa e por outro lado os traballadores de San Lázaro que asistiron á asemblea.

Seguir lendo Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Lázaro (Compostela) 9/2/12

A sección sindical galiña azul denuncia a situación das escolas infantís

É ben sabido que o persoal que traballa para a Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carece de convenio propio. A administración que xestiona entre outros servizos, á rede de escolas infantís Galiña Azul, négase a escoitar as nosas demandas mentras non deixa de esixir e reprimir. A xerencia do consorcio atenta constantemente contra a nosa intelixencia, facéndonos crer ao persoal e ás familias que estamos nunha rede pública de escolas, onde todas as persoas usuarias teñen os mesmos dereitos.

Seguir lendo A sección sindical galiña azul denuncia a situación das escolas infantís

Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Caetano (Compostela) 9/2/12

Lugar e data: San Caetano. Salón de actos n.º 1. Xoves 9, ás 11 horas.
Convoca: Xunta de Persoal e Comité de Empresa de SSCC

Presidencia de mesa: Pilar (CIG). Presidenta da Xunta de Persoal de SSCC.
No estrado, de pé e sentados na primeira bancada: delegados do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal de SSCC dos sindicatos CIG, CCOO, UXT e CSIF, así como delegados doutras localidades.
Asisten máis de 300 traballadores/as que abarrotan o salón de actos, cun numeroso grupo fora que non pode acceder.

Seguir lendo Crónica da Asemblea de traballadores/as da Xunta en San Caetano (Compostela) 9/2/12
Call Now ButtonChámanos