Celebración do 1º de Maio en Pontevedra

A CNT de Pontevedra saíu á rúa o primeiro de maio nunha manifestación convocada xunto coa CGT. A marcha iniciouse na praza da Ferrería e contou coa asistencia dun nutrido grupo de afiliados e simpatizantes da mesma Pontevedra pero tamén procedentes da veciña vila de Marín, asi coma de outras: Vilagarcía, O Grove, Cambados, etc. Tamén se uniron membros da asamblea local do 15M, congregándose un nutrido grupo de manifestantes que dan boa mostra do interese que as propostas anrcosindicalistas despertan na nosa área de influencia.

Seguir lendo Celebración do 1º de Maio en Pontevedra

1º de Maio en Vigo

Miles de persoas acoden á manifestación do 1º de Maio en Vigo cos sindicatos minoritarios

Este último primeiro de Maio comezou para nós, o SOV da CNT de Vigo, cedo, como non podía ser doutra maneira nunha data tan sinalada. Ás 9:30 estabamos xa no local preparando todo o necesario: megáfonos, bandeiras, pancartas, consignas…e, como non, as mesas, cadeiras e a comida e bebida do merecido xantar posterior á manifestación.

Seguir lendo 1º de Maio en Vigo

O 1º de Maio. Escolma de textos anarquistas

Co gallo do 1º de Maio editamos dende a CNT-Galiza este libro no que incluímos, por primeira vez en galego, os seguintes textos:

-A xornada de oito horas. Manifesto anarquista de 1892.

-O 1º de Maio. Atribuido a Ricardo Mella.

-Os mártires de Chicago (a traxedia de Chicago). Por Ricardo Mella

Tres textos nos que se aclaran as verdadeiras raíces do 1º de Maio, e nos que se fai un repaso das primeiras edicións de esta xornada de loita do proletariado de todo o mundo.

Seguir lendo O 1º de Maio. Escolma de textos anarquistas

Solidariedade Obreira 12

Xa está na rua o número 12 de Solidariedade Obreira, órgao da CNT galaica.

A folga xeral, os recortes na educación e a familia real son algúns dos temas tratados neste número.

Inclúense ademais novas sobre as seccións sindicais da CNT, humor e artigos de opinión.

Pode-se conseguir de balde en calquera local da CNT galega ou en pdf facendo click aquí.

Seguir lendo Solidariedade Obreira 12

Mobilizacións da CNT o 1º de Maio

A continuación os actos que a CNT Galiza levará a cabo o 1º de Maio:
Actualización permanente

-Compostela:

Manifestación. Saída ás 12:30h dende a Alameda.

-Pontevedra:

Manifestación conxunta CNT e CGT. Saída ás 13:00h dende a Praza da Ferrería.

-Lugo:

Manifestación. Saída ás12,30 h. da Ronda da Muralla (edificio sindical).

-Vigo:

Manifestación conxunta CNT, CUT, STEG, SF (Sindicato de Ferroviarios) e CGT.
Saída ás 11:00h da praza de Fernando o Católico.

-Ourense:

Manifestación. Saída ás 12:30h da Ponte Romana.
Manifestación anarquista. Saída ás 18:00 da praza de san Marcial.

Seguir lendo Mobilizacións da CNT o 1º de Maio

1º de Maio, un paso máis na loita contra os recortes

Un ano máis achégase o primeiro de maio, e un ano máis (como vén sendo habitual nos últimos tempos), chegamos a esa data de tanto valor para os traballadores/as sumidos nunha onda de recortes contra os máis desfavorecidos/as coa crise como escusa. Con todo, para a CNT este primeiro de maio de 2012 debe ter un punto diferente dos últimos: é certo, como diciamos, que os recortes veñen de anos atrás, pero non é menos certo que nesta ocasión nos atopamos ante un agravamento realmente duro dos devanditos recortes. E é que con tres reformas laborais sufridas no tempo record de tan só dous anos; con recortes orzamentarios como os vistos fai apenas unha vintena de días en cuestións tan elementais como a educación, a sanidade e os servizos sociais; cos recortes aplicados contra os e as paradas (e os que se aveciñan)… Aos traballadores/as desfiguráronnos, até deixalo case irrecoñecible, o marco de relacións laborais e dereitos sociais ao que estabamos afeitos fai só uns poucos anos.

Seguir lendo 1º de Maio, un paso máis na loita contra os recortes

Defendendo o indefendible. Un sistema que ten que cambiar.

Imaxinemos un aula de 20 nen@s/profe, (antes de que a administración aumente estas cifras xa de por sí  imprudentes). Imaxinemos que un centro que abre máis horas do que dura a xornada laboral do seu persoal, non conta con 2 persoas por aula a todas horas, (antes de que a administración anterior elimine a parella educativa). Aínda así, imaxinemos que neste instante sí están 2 profes nesa aula: Lupe e Maca. Imaxinemos só unha parte das situacións que se poden dar un día calquera, e obviando moitos detalles para non facer este texto interminable.

Seguir lendo Defendendo o indefendible. Un sistema que ten que cambiar.

VIGO EN FOLGA 29M

A nosa xornada de información e concienciación comezou xa o día 28 pola noche ás 21:30h nas portas da factoría de Citroën con compañeir@s de CUT e CGT, para intentar paralizar o turno de noite, que finalmente no apareceu a traballar. A esa hora a presencia policial era inexistente. Tras uns minutos moi tranquilos, decidimos dar un longo e ameno paseo polo asfalto vigués berrando todo tipo de consignas, sen maiores incidentes e incluso con certo apoio da veciñanza, ata que tres patrullas policiais nos solicitaron que fosemos pola beirarrúa de forma “ordeada”.

Seguir lendo VIGO EN FOLGA 29M

Valoración da xornada de Folga Xeral

Dende a CNT Galiza valoramos a xornada como un éxito, que contou cun amplísimo seguimento da clase traballadora.
Cabe destacar que nas zonas industriais o seguimento foi prácticamente total, mentres que no comercio das cidades o seguimento da folga foi maioritario.
Foi unha xornada tensa, marcada pola presión policial e as detencións de militantes, así como polo absoluto descaro do poder, que difundiu datos falsos sobre o seguimento da convocatoria.

Seguir lendo Valoración da xornada de Folga Xeral
Call Now ButtonChámanos