Construindo utopias: XX Xornadas Libertárias de Compostela

Un ano máis a CNT de Compostela ten o pracer de convidar a quen teña interese na cultura libre e crítica, o pensamento e a acción antiautoritária, a autoxestión e o anarquismo, ás Xornadas Libertarias que ano tras ano vimos celebrando nos meses de outono. Os actos terán lugar entre o día 5 e o 9 de Novembro, e desenvolveranse no local da CNT, Rúa García Prieto, 24-28, a partir de 19:30. Este ano contaremos cos seguintes actos:

Seguir lendo Construindo utopias: XX Xornadas Libertárias de Compostela

A C.N.T. de Ferrol amplia os horarios da asesoria laboral gratuita.

O sindicato da C.N.T en ferrol, ven de ampliar os horarios da asesoria laboral gratuita.

Ante esta nova vaga de despedimentos, regulacions de emprego, represion e agresions contra a clase traballadora, a C.N.T. pon a disposicion dos traballadores e traballadoras desta comarca, unha ferramenta de defensa dos seus dereitos e condicions laborais.

Seguir lendo A C.N.T. de Ferrol amplia os horarios da asesoria laboral gratuita.

CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora

Desde o inicio da crise económica, a CNT defendeu a folga xeral como principal ferramenta da clase traballadora contra os ataques da banca e a patronal. Rexeitamos a negociación á que o sindicalismo de concertación chamaba ao goberno para suavizar a reforma laboral tras a folga xeral do 29M.

Seguir lendo CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora

I Xornadas Micolóxicas da CNT

Metidos de cheo en plena tempada de cogumelos, a CNT de Compostela organiza as súas I Xornadas Micolóxicas. Estas consistirán nunha semana de clases “teóricas” e unha saida para apañar cogumelos e posteriormente degustalos todos xuntos. Os cursos terán lugar os días 29 e 30 de Outubro, e o 2 de Novembro, as 19:30 no local confederal da Rua Garcia Prieto. A saida será o sábado 3, e os detalles definiranse durante o curso. Por suposto, as xornadas son abertas a todo o mundo.

Seguir lendo I Xornadas Micolóxicas da CNT

Solidariedade coas persoas procesadas por Galicia Bilingüe

Hoxe comezou o proceso contra doce activistas por participar da resposta popular o pasado 8 de Febreiro de 2009 perante a convocatoria antigalega de Galicia Bilingüe. Desde as nove da mañá unha concentración de mais de cem persoas às portas dos xulgados de Fontiñas apoiaba às procesadas. Arredor das 10h presentáronse as encausadas, que levaban unha camisola denunciando o xuizo político.

Seguir lendo Solidariedade coas persoas procesadas por Galicia Bilingüe

O noso percurso antielectoral en Compostela

Este xoves 18, a CNT de Compostela saíu unha vez máis á rúa nun percuso pola cidade cun dobre obxectivo, o de facer chegar á veciñanza o noso posicionamento ante as próximas eleccións autonómicas, a abstención activa, e o de realizar actos de protesta contra os partidos políticos, todos de distintas cores, mais todos fieis vasalos do capital, como amosan nos seus programas electorais e na súa praxe habitual.

Seguir lendo O noso percurso antielectoral en Compostela

Carta aberta aos compañeiros e compañeiras da CUT e das Redes Escarlata

A carta que a continuación publicamos foi enviada á CUT perante a celebración, este sábado 20 de Outubro, da entrega do Premio Vidal Bolaño ao Grupo Chévere, xestores do Sala Nasa. Ao non ter recebido nengún tipo de contestación, vémonos na obriga de facer pública esta carta dos traballadores despedidos e represalidos publicamente polo Grupo Chévere fai agora un ano.

Carta aberta aos compañeiros e compañeiras da CUT e das Redes Escarlata

A ben da nación asinan os membros do xurado do premio Vidal Bolaño deste ano, entre os se atopan Xosé Luis Méndez Ferrín, rostro histórico da FPG e presidente da Real Academia Galega, e Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT. A ben das traballadoras e traballadores, dende a CNT, queremos manifestarvos a nosa profunda pena e dor pola concesión e entrega deste premio á compañía de teatro Chévere.

Seguir lendo Carta aberta aos compañeiros e compañeiras da CUT e das Redes Escarlata

21 de outubro: ABSTENCIÓN ACTIVA

@s traballador@s somos outra volta chamados às urnas o próximo 21O. Na inmensa crise que sufrimos os partidos procuran convencer-nos de que un cámbio de governo vai mudar a situación. Apesar do paro crónico, da penosa situación da economia e do mantemento da especulación como base do sistema, todos falan outra volta de solucións “para sair da crise”. As saidas desta crise non dependerán do governo que se instale após o 21 de outubro.

Seguir lendo 21 de outubro: ABSTENCIÓN ACTIVA

Concentración 26S en Ferrol

Crónica do 26S en Ferrol

O mércores 26 as 20:00 da tarde convocadas polas organizacións CNT, Forxa! e Asemblea 15M varias dúcias de traballadoras e traballadores da nosa comarca, concentráronse ás portas do Edifico Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol en apoio ás folgas xerais que se están a desenvolver en Euskal Herria e Grecia, contra os recortes do capital e a prol dunha folga xeral europea.

Seguir lendo Crónica do 26S en Ferrol

26S en Compostela

Na tarde do mércores 26 de Setembro celebramos unha concentración na Praza do Toral en apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Euskadi e Nafarroa, que desenvolvían nese día a súa xornada de folga xeral convocada á marxe dos sindicatos oficiais CCOO e UGT. Centrándonos na necesidade de articular un clima permanente de mobilización ante os recortes que estamos a padecer e o que nos quedan, concentrámonos na Praza do Toural até que a manifestación convocada espontaneamente despois dos actos do 25 de Setembro veu a buscarnos.

Seguir lendo 26S en Compostela
Call Now ButtonChámanos