Vivir en e contra a crise: compartindo experiencias en Alemaña

Dous militantes dos sindicatos de Compostela e de Ferrol vimos de disfrutar dunha formidable experiencia por terras xermánicas. Alí tivemos a oportunidade de compartir ideas e vivencias con  militantes do anarquismo e doutros movementos de esquerda, moi especialmente con compas da FAU.

Esta viaxe iniciouse a proposta dun compañeiro da FAU en Kiel, quen nos invitou a participar dunha serie de palestras e mesas-debate a realizar neste pasado mes de marzo en distintas localidades do norte alemán e en colaboración con outros colectivos galegos e alemáns. Pola banda galega, participamos destas charlas dende CNT xunto cunha militante de EU, Graciela Rojo, e unha traballadora social activista da loita feminista, Berta Vega.

Seguir lendo Vivir en e contra a crise: compartindo experiencias en Alemaña

Nova concentración no café-bar Stella

O pasado venres 12 de Abril a CNT de Compostela volveu concentrouse de novo ás portas do café-bar Stella, para esixir ao seu dono o pago da débeda cos seus empregados. Durante unha hora o piquete mantívose ás portas do local até que este quedou baleiro de clientes. O dono optou por baixar as persianas e así isolarse do que acontecía na rúa, exactamente o que leva a facer durante os últimos meses, nos que desde o sindicato se tenta chegar a un final a este conflito, tendo recibido apenas silencio por parte do empresario.

Seguir lendo Nova concentración no café-bar Stella

O feminismo de Compostela lembra a Rosa Bassave

O pasado sábado 9 de Marzo, en celebración do día da Muller Traballadora, o feminismo de Compostela quixo lembrar á compañeira Rosa Bassave, finada o pasado 11 de Setembro. O acto tivo lugar na Bilbioteca Concepción Arenal e foi, non unha homenaxe, que a compañeira Rosa tería rexeitado, senón un acto colectivo de lembranza por parte dunhas persoas que compartiron loita, militancia e amizade durante catro décadas.

Seguir lendo O feminismo de Compostela lembra a Rosa Bassave

PanGarcos denuncia a CNT

Despois de que durante o pasado ano este sindicato estivera en conflito coa panadaría PanGarcos cando unha asalariada desta empresa fora despedida despois dun ano de traballo en situación máis que irregular: xornadas de 10 horas ao día, nóminas falsas, impago de horas extras e traballo en días festivos, salario por debaixo do convenio, falta de vacacións, etc., e despois de ter chegado a un acordo no que o empresario recoñecía as débedas coa compañeira, este mesmo empresario que se queixaba de que “A acción directa é unha putada” ven de interpoñer unha denuncia contra a CNT e contra a súa ex-empregada por inxurias e calumnia.

Seguir lendo PanGarcos denuncia a CNT

A CNT presenta a súa denuncia contra o xenocidio franquista

A Confederación Nacional do Traballo presenta publicamente a denuncia que aportou o pasado mes de decembro á causa que se tramita nos xulgados arxentinos e que pretende axuizar o xenocidio cometido polo réxime dende 1936 ata 1977. Deste xeito, a CNT-AIT súmase ás accións emprendidas por parte de familiares de asasinados e desaparecidos, asociacións de recuperación da memoria histórica e demais entidades persoadas no procedemento.

Seguir lendo A CNT presenta a súa denuncia contra o xenocidio franquista
8marzo

Crónica da concentración o día da Muller Traballadora en Vilagarcía

O 8 de marzo, no día da Muller Traballadora, a CNT Arousa fixo unha concentración en Vilagarcía baixo o lema “Iguais na crise, iguais na loita”. Foi o único acto de istas características celebrado na cidade con motivo desta importante data, o que doulle unha importancia maior. A concentración transcurreu dende ás 20:30 ata máis das 21:30, tempo durante o que berrouse contra o capitalismo, o Estado e pola loita das mulleres, ademáis de facerse chamamentos a folga xeral que foron secundados pola mocidade que transitaba pola praza.

Seguir lendo Crónica da concentración o día da Muller Traballadora en Vilagarcía
Call Now ButtonChámanos