Actos previos 1.º de maio: Ocupación do edificio da patronal en Compostela e pasarrúas

Ás 10.30 da mañá de onte, luns 29 de abril, e como anuncio da xornada do 1.º de maio en Compostela, un grupo de case 30 persoas de CNT Compostela, CUT, Asemblea Aberta e Asembleas Abertas de Estudantes ocupamos durante dúas horas o edificio da Confederación de Empresarios de Galicia.

Xa pola tarde, compañeiros de CNT percorrimos as rúas das zonas nova e vella nun pasarrúas anunciando os actos do 1.º de maio.

Seguir lendo Actos previos 1.º de maio: Ocupación do edificio da patronal en Compostela e pasarrúas

Manifestación 1º Maio en Vilagarcía de Arousa

O vindeiro 1 de maio a CNT manifestarase en Vilagarcía de Arousa ás 12:00 con saída dende a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N). Nesta importante data a CNT fai un chamamento a clase traballadora para a loita e movilización na rúa coma resposta a crecente pérdeda de dereitos, o empeoramento das condicións de vida e o aumento descomunal do paro que no caso do Salnés alcanzou unhas dimensións dramáticas.

Seguir lendo Manifestación 1º Maio en Vilagarcía de Arousa

Sec. Coremain. Acción sindical nas Xornadas Emprego en tempo de crise

En solidariedade coa sección sindical de CNT en Coremain, onte, mércores 24 de abril, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela interrompimos, no Instituto Politécnico de Compostela, a Xornada para orientadores. Formación profesional: emprego en tempo de crise, na que participaba a xerente de recursos humanos de Coremain.

Seguir lendo Sec. Coremain. Acción sindical nas Xornadas Emprego en tempo de crise

Xuízo contra 18 persoas por participar nun piquete da CNT Ferrol

Con respecto ao conflito sindical que mantemos co dono da Cafetería Warhol polo despido improcedente e a débeda contraída cunha compañeira, o SOV da CNT de Ferrol comunica que  o pasado 6 de marzo -data de celebración do xuízo- dito empresario, Massimiliano Mariella, quedou emprazado por conciliación pre-xudicial a pagar a cantidade de 11.000 €.

Seguir lendo Xuízo contra 18 persoas por participar nun piquete da CNT Ferrol

Coremain e Vodafone reprimen a liberdade sindical. Despedida a Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT

O pasado xoves, despois de ter sido sancionada arbitrariamente por Coremain e Vodafone, unha sanción inxusta que se atopa en vías de solución xudicial, Vodafone e Coremain despedían á Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT en Coremain, un feito que non é senón un máis dunha longa lista de situacións de acoso por parte da empresa aos compañeiros e as compañeiras que se atreven a desenvolver a súa lexítima acción sindical en Coremain.

Seguir lendo Coremain e Vodafone reprimen a liberdade sindical. Despedida a Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT
Call Now ButtonChámanos