CNT contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

Crónica da manifestación contra a mineria salvaxe na Galiza

Afiliados/as da CNT de todo Galiza achegaronse hoxe a Compostela para participar da protesta contra a mineria savaxe na Galiza que convocaba a rede ContraMinaAcción. Así, pechando a multitudinaria manifestación cunha faixa co lema “Non queremos medio ambiente querémolo inteiro” aportamos o noso grao de contribución a esta loita, que é a de todos e todas.

Seguir lendo Crónica da manifestación contra a mineria salvaxe na Galiza

Pasarrúas conflicto Coremain-Vodafone en Compostela: readmisión compañeira despedida!

Dentro do conflicto sindical aberto contra Coremain e Vodafone, empresas responsables, as dúas, do acoso contra a lexítima actividade sindical que derivou no despedimento da compañeira secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, o pasado 28 de maio tivo lugar un pasarrúas polos locales de Vodafone en Compostela.

Seguir lendo Pasarrúas conflicto Coremain-Vodafone en Compostela: readmisión compañeira despedida!

Concentración no CC As Cancelas, conflicto Coremain-Vodafone

Dentro do conflicto aberto con Coremain e Vodafone polo despedimento ilegal da nosa compañeira, secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, do que estamos informando por diferentes medios á poboación de Compostela, o pasado sábado 11 de maio varias compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos diante do local de Vodafone no centro comercial As Cancelas.

Seguir lendo Concentración no CC As Cancelas, conflicto Coremain-Vodafone

CNT apoia a folga do ensino do 9 de maio

O próximo día 9 de maio hai convocada folga en todos os sectores do ensino en protesta polas decisións do goberno actual, que prexudica claramente o ensino público para favorecer a privada, reducindo ou eliminando as conquistas obtidas neste ámbito pola clase traballadora. Neste contexto de empeoramento continuo e insustentable, CNT secunda as mobilizacións que se realizan contra as decisións gobernamentais, e manifesta o seu apoio a todas as persoas que optan pola loita e abandonan a resignación e a pasividade reinantes.

Seguir lendo CNT apoia a folga do ensino do 9 de maio
Call Now ButtonChámanos