Declarado improcedente o despedimento en Touceda Barreiro

Desde Novembro de 2013  a CNT mantén un conflito sindical aberto contra a empresa madeireira Hermanos Touceda Barriero-Maderas, situada na vila da Estrada, polas lamentábeis condicións laborais nas que tiña aos seus traballadores, así como polo despedimento sen indemnizar dun compañeiro do sindicato.Este despedimento foi declarado improcedente pola xustiza, o que obriga á empresa a readmitir ao traballador ou a pagarlle unha indemnización.

Seguir lendo Declarado improcedente o despedimento en Touceda Barreiro

Teletraballo para que? para quen?

Desde a sección sindical da CNT na Xunta de Galicia vemos con preocupación a postura da Administración autonómica no desenvolvemento das medidas de conciliación familiar dos empregadas e empregados públicos. Actualmente temos constancia das dificultades de moitos traballadores/as para poder facer efectivos e desenvolver con plenas garantías os dereitos de conciliación recollidos na lexislación actual, especialmente no referente ás flexibilizacións horarias por conciliación familiar e ao teletraballo.

Seguir lendo Teletraballo para que? para quen?
pegada

Campaña de pegada de cartaces en Vilagarcía polo 1º de Maio

A CNT Arousa desenrolou unha campaña de pegada de cartaces con motivo da celebración do 1º de maio en Vilagarcía, na que non só pegaronse os centos de cartaces desta temporada senon tamén os de outros anos, ao que hai que engadir a elaboración de decenas de cartaces propios que igualmente foron pegados en Vilagarcía de Arousa e en outras poblacións da comarca do Salnés.

Seguir lendo Campaña de pegada de cartaces en Vilagarcía polo 1º de Maio

1º de Maio en Compostela

A CNT-Compostela chama á clase traballadora a saír á rúa neste 1º de Maio. Na cidade de Compostela os actos serán os seguintes:

-12.30, saída da manifestación da Porta do camiño. Remate na praza do Toural.

-14.30, comida no Bairro de Abaixo (na Gentalha se chove).

-17.00, concerto e foliada.

Iremos en compaña da CUT e dos movementos sociais da cidade.

Acude!!

Seguir lendo 1º de Maio en Compostela

Criação do Grupo de Estudos Libertários

A CNT de compostela vem de constituir un Grupo de Estudos Libertários, que será apresentado a vindoura quinta-feira 23 de Abril e abrirá-se com o debate e estudo de dous temas de actualidade: a análise do urbanismo como estrutura social e a análise de um tema tão sensível como o uso da violência e os discursos de não violência. Os textos prévios para iniciar o debate poder ler-se no blogue do grupo: estudoslibertarios.wordpress.com

Seguir lendo Criação do Grupo de Estudos Libertários
conferencia

Crónica da conferencia de Carlos Taibo en Vilagarcía de Arousa

O sábado 12 de abril celebrouse a conferencia con Carlos Taibo na sede da CNT en Vilagarcía sobre a actualidade das ideas e prácticas libertarias. Nela Carlos explicou os plantexamentos libertarios dende conceptos básicos coma a autoxestión, a acción directa, o aopio mutuo, o asamblearismo, a autonomía…, e como istos supoñen unha alternativa ao marco estructural do Estado e do capitalismo nas sociedades actuais.

Seguir lendo Crónica da conferencia de Carlos Taibo en Vilagarcía de Arousa

Solidariedade com as seis pessoas detidas en Compostela

Seis pessoas fórom detidas pola Polícia Nacional ontem ao meio-dia em Compostela. Por agora carece-se de informaçom fiável e guiando-se polas filtraçons da Polícia aos meios burgueses, as detençons teriam como pretexto os enfrentamentos do passado 11 de março em Compostela entre os marinheiros do cerco e as corpos repressivos do Estado. Quatro das detidas som militantes de Xeira e as outras duas, de Agir e o Coletivo Estudantil Libertário respetivamente.

Seguir lendo Solidariedade com as seis pessoas detidas en Compostela

A CNT-AIT de Vigo inicia conflito contra Domino’s Pizza

O pasado 12 de marzo Domino’s Pizza (vellos coñecidos da CNT e a AIT), empresa pertencente no Estado español ao Grupo Zena (líder do sector de comida lixo con empresas coma Burger King, Foster’s Hollywood…) despedía sen máis, mediante un burofax, a Emilio, compañeiro de CNT-AIT Vigo, despois de 9 anos traballando para estes explotadores no local que teñen na Praza da Independencia en Vigo, acusándoo do roubo de 35€, obviamente falso, só para non ter que pagarlle a indemnización, téndoo presionado antes para que se fose de xeito voluntario, como (que casualidade!) fixeron co traballador que desempeñaba a súa mesma función no turno de mañá presionándoo para que marchase da empresa sen ningún tipo de indemnización, cousa que agora si ocorreu neste caso.

Seguir lendo A CNT-AIT de Vigo inicia conflito contra Domino’s Pizza

Call Now ButtonChámanos