Ante as irregularidades na contratación en Zemsania e Coremain

Recentemente a CNT ven de demandar ás empresas Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores e por fraude na contratación.

A maior parte dos contratos que realizan estas empresas supoñen unha vulneración dos nosos dereitos laborais, pois estes acóllense á modalidade de contratos por obra ou servizo cando na realidade son contratos indefinidos. Os contratos de obra ou servizo só poden realizarse cando se trate de traballos concretos determinados con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa, polo que non poden realizarse para cubrir a actividade normal e permanente da empresa. Sen embargo nós realizamos traballos en diversos proxectos de maneira permanente. Polo tanto, estes contratos por obra ou servizo deben converterse en indefinidos.

Seguir lendo Ante as irregularidades na contratación en Zemsania e Coremain

Hermanos Touceda Barriero-Maderas condenada a indemnizar con 15.000€ a un militante da CNT

Hai meses informabamos da declaración da improcedencia do despido dun traballador afiliado a este sindicato efectuado pola empresa Hermanos Touceda Barriero-Maderas, situada na vila da Estrada. Para alén, a empresa de madeiras da Estrada vén de ser condenada ao pagamento dunha indemnización de 14.962,89 euros.

Seguir lendo Hermanos Touceda Barriero-Maderas condenada a indemnizar con 15.000€ a un militante da CNT

Censura en CRTVE Galiza?

Esta semana sufrimos un episodio na CRTVE Galiza que queremos poñer en coñecemento de todos/as vos. O peche da Onda Curta supón un varapao ó servizo público, que é o principal cometido da nosa Empresa, e ademais deixa abandoadas a moitas persoas que teñen, bueno, mellor dito, tiñan, a Radio Exterior de España como único nexo de unión ca actualidade de España e o Mundo a través da Onda Curta, pois non teñen acceso a internet.

Seguir lendo Censura en CRTVE Galiza?

A CNT comeza conflito co colexio Santa Apolonia

A CNT de Compostela ven de interpoñer unha denuncia contra as empresas “Santa Apolonia” e “Karmaden”, xestoras do colexio privado Santa Apolonia de Compostela.

Despois de ter a un compañeiro traballando desde o ano 2003 con unha sucesión de contratos en fraude de lei, contratado por Santa Apolonia S.L, no ano 2005 cámbiaselle o contrato para a empresa Karmaden. Esta empresa é realmente a mesma que a anterior. O domicilio é o mesmo, e o compañeiro desenvolve exactamente as mesmas tarefas no mesmo lugar de traballo.

En setembro deste ano deciden cambiar os horarios ofrecendo como alternativa rescindir o contrato. O compañeiro decide rescindilo e cando chega a hora de asinar o finiquito, este é moi inferior ao que lle corresponde.

Seguir lendo A CNT comeza conflito co colexio Santa Apolonia

CNT denuncia a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores

A CNT ven de denunciar a Coremain e a Zemsania por cesión ilegal de traballadores.

No caso denunciado o compañeiro, contratado oficialmente por Zemsania, desenvolve todas as actividades do seu traballo nas oficinas de Coremain. Ademáis recibe ordes de Coremain, usa o material proporcionado por estes e mesmo o seu correo electrónico do traballo pertence a Coremain.

Seguir lendo CNT denuncia a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores

O próximo venres 26 celebrarase o xuizo contra Moldugasa por despido improcedente

Tras unha intensa campaña de mobilizacións e denuncia pública por parte do sindicato, e unha conciliación no SMAC á que a empresa decidiu non acudir, o próximo venres 26 de de setembro celebrarase o xuizo contra Moldugasa no que se reclama o pago de 28.248 € por despido improcedente ao compañeiro afiliado á CNT, ademáis de a outros traballadores tamén despedidos nas mesmas condicións.

Seguir lendo O próximo venres 26 celebrarase o xuizo contra Moldugasa por despido improcedente

Na defensa do uso do Galego nos Medios de Comunicación Públicos

Esta Sección Sindical ven de presentar un escrito denunciando, o que consideramos, supón un incumplimento das obligacións que ten a CRTVE como prestadora do servizo público que lle encomenda, entre outras, a Lei 17/2006, do 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal, no que se refire ó uso, defensa e promoción do Galego e das demais linguas cooficiais de España.

Seguir lendo Na defensa do uso do Galego nos Medios de Comunicación Públicos
Call Now ButtonChámanos