Concentración en Orange pola contratación directa e a readmisión das despedidas en Qualytel

Na tarde de onte, 15 de Xaneiro, un grupo de compañeiros concentrámonos nunha tas múltiples tendas que Orange ten en Compostela en solidariedade co sindicato da CNT de Salamanca.

Esta concentración enmárcase dentro da Semana de loita convocada contra esta empresa, en protesta polas prácticas de precarización que practican a través de filiais como Arvato-Qualytel e dos despedimentos que realizou na cidade salmantica, moitos deles de afiliadas e afiliados á CNT.

Seguir lendo Concentración en Orange pola contratación directa e a readmisión das despedidas en Qualytel

Construcciones Troiteiro explota e despide

A empresa de construcción radicada en Arzúa Construcciones Troiteiro destaca como un exemplo paradigmático da explotación laboral que impera no sector da construcción. Nesta empresa os traballadores desfrutan apenas de cinco días de vacacións ao ano, cobran por debaixo do estipulado por convenio e non se respetan as categorías laborais, realizan horas extraordinarias de maneira sistemática e sen remunerar, non reciben as EPI obrigatias para desempeñar o seu traballo con seguridade e sen perigo para a súa integridade física. E cando os traballadores reclaman o mínimo que sinala a lei a reacción do empresario é o despido fulminante.

Seguir lendo Construcciones Troiteiro explota e despide

Coremain recoñece a maior parte das demandas da CNT

No mes de Outubro a CNT demandaba a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores, reclamando desta maneira a conversión en traballador indefinido en Coremain dun compañeiro que prestaba servizos en Zemsania cun contrato de obra. Finalmente, Coremain aceptou as demandas da CNT e formalizou a contratación de maneira indefinida deste compañeiro en Coremain, o que significa un recoñecemento tácito da existencia da cesión ilegal, práctica común de contratación levada a cabo por estas empresas para manter en situación de precariedade aos seus traballadores e traballadoras.

Seguir lendo Coremain recoñece a maior parte das demandas da CNT

Apresentaçom do livro “Quês e por quês do reintegracionismo”

Na próxima terça-feira 9 de dezembro, às 20.00, terá lugar no local da CNT de Compostela a apresentaçom do libro Quês e por quês do reintegracionismo, coa presença de Joseph Ghanime Lopes, um dos seus coautores.

Coordenado por José Ramom Flores das Seixas e escrito por Beatriz Peres Bieites, Valentim Fagim Rodrigues, Eduardo Sanches Maragoto e Joseph Ghanime Lopes, este livro responde muitas questões com um tom didático e descontraído, entre elas:

Por que escrevedes tam ‘raro’? É necessário ir a Portugal para aprender galego? Quem foi o primeiro reintegracionista? Umha naçom, umha língua? Era Castelao reintegracionista? Sou eu reintegracionista? Por que os portugueses nos falam em castelhano? Quais som os países de língua oficial portuguesa e como escrevem?

Seguir lendo Apresentaçom do livro “Quês e por quês do reintegracionismo”

Concentración solidaria en Mercadona

Na tarde de onte un grupo de compañeiros concentrámonos no Mercadona de Santa Marta en solidariedade co sindicato da CNT de Albacete.

Esta concentración enmárcase dentro da Semana de loita convocada contra esta cadea de supermercados, en protesta polos mais de 30 despedimentos que realizou na cidade manchega, moitos deles de afiliadas e afiliados á CNT.

Podedes seguir o conflito da CNT albaceteña na súa páxina web.

Seguir lendo Concentración solidaria en Mercadona

Segunda denuncia contra o colexio Santa Apolonia

Tras o conflito aberto fai case dous meses por reclamación de cantidades, voltamos á carga co colexio Santa Apolonia.

Neste caso o compañeiro implicado leva traballando de profesor alí desde o ano 1992, encadeando ate 10 contratos temporais con diversas irregularidades.

En 2002 fano indefinido na empresa pero coa categoría profesional de celador, cando é o único titulado en Xeografía e Historia que hai no centro e o único que imparte as asignaturas de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, polo que lle correspondería a categoría de profesor titular.

Seguir lendo Segunda denuncia contra o colexio Santa Apolonia

Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

 

Pan, Traballo, Teito… Dignidade – Xornadas de loita do 24 ao 29-N

As Marchas da Dignidade volvemos saír á rúa para gritar ben alto PAN, TRABALLO, TEITO… DIGNIDADE. Saímos á rúa porque nos atopamos ante unha situación extremadamente difícil, unha situación límite, de urxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a mayoria social e os pobos.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Centos de miles de familias perderon a súa casa. Gran parte da mocidade vese abocada a buscarse a vida no estranxeiro. Ás mulleres quérennos quitar o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos. Aos pobos néganselles o dereito a decidir. Seguen recortando en saúde, educación, dependencia, etc… enganaron aos nosos maiores coa estáfa bancaria das preferentes. Estamos asistindo ao roubo de dereitos e ao empobrecimiento xeneralizado da maioría social e todo en nome do pago dunha débeda ilexítima e odiosa que non contraeron os cidadáns e cidadás.

Seguir lendo Marchas da diginidade 29-N. Nos Imos!!

Call Now ButtonChámanos