Logo GES

Os GES esixen medios e materiais ao Concello da Guarda

A Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda alerta unha vez máis da falta de medios e material en materia de seguridade e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda.

O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas” como declara un dos bombeiros guardeses.

Seguir lendo Os GES esixen medios e materiais ao Concello da Guarda

A CNT apoia a convocatória polos direitos civis

No próximo domingo, 24 de janeiro, terá lugar em Compostela uma mobilização convocada sob o lema «Polos direitos civis e políticos para todas e todos» para denunciar a vulneração de direitos fundamentais por parte do estado contra militantes do partido político Causa Galiza, detidos no passado mês de outubro.

A CNT-Galiza mostra a sua adesão à convocatória e anima à participação em solidariedade com as pessoas acusadas. Somos conscientes do carácter propagandístico e intimidador deste tipo de medidas repressivas por parte do estado que, neste caso, foi contra independentistas, mas não duvida em aplicar contra qualquer método de luta, como no caso de trabalhadoras e trabalhadores em greve.

Por isso, contra a vulneração de direitos fundamentais e polo restabelecimento dos direitos civis, a CNT apela à participação na mobilização do dia 24 às 12h na Alameda compostelana.

Seguir lendo A CNT apoia a convocatória polos direitos civis

Solidariedade coa familia, amizades e compañeir@s do bombeiro falecido D. Jorge Fariña Barral

Desde a Sección Sindical da CNT do GES de A Guarda, queremos manifestar o noso pesar e condolencias pola morte de D. Jorge Fariña Barral, o pasado 18 de xaneiro de 2016 na academia de seguridade pública (AGASP) mentres executaba as probas para a obtención da cualificación profesional de Bombeiros que se estaban a celebrar nesta academia. Que a terra che sexa leve compañeiro.

Seguir lendo Solidariedade coa familia, amizades e compañeir@s do bombeiro falecido D. Jorge Fariña Barral

A CNT reclama vagas de português para secundário

A instâncias da associação Docentes de Português na Galiza, a CNT junto com outros sindicatos reclamou hoje perante o Diretor Geral da Educação, Manuel Corredoira, a convocatória de vagas de língua portuguesa nas oposições de 2016.

O alunado de língua portuguesa aumentou consideravelmente, passando de 861 no ano 2014 para 1841 em 2015 segundo dados da DPG, uma procura que se impõe como tendência apesar de não estar acompanhada pola provisão de postos de trabalho: o número de vagas de especialistas de português é atualmente ZERO. Representantes da DPG destacam que «estas vagas são cobertas por professorado do centro que conte com horas livres que se possa encarregar de lecionar essa disciplina, facto que não garante a continuidade nos anos posteriores».

Seguir lendo A CNT reclama vagas de português para secundário

Primeiros acordos con Médicos Sin Fronteras

Con data de 31 de Agosto de 2015, a nosa compañeira e delegada da sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras veu reducida, de forma unilateral por parte da Organización, a súa xornada laboral e o seu salario nun 20%. Pouco despois, presentábase a impugnación desta reducción, demandando a restitución das condicións anteriores.

Esta semana, antes de entrar ao xuízo, chegouse a un acordo coa Organización polo cal a nosa compañeira recupera as súas condicións laborais.

Seguir lendo Primeiros acordos con Médicos Sin Fronteras

Acordo no restaurante Sicilia in Bocca

A CNT ven de asinar un acordo para o seu afiliado no local de hostalería compostelana Sicilia in Bocca. Este beneficioso acordo para o traballador permítelle pasar de ter contrato por tempo determinado a un contrato indefinido, á ampliación de horas respecto as que facia actualmente, a que se lle respecten os horarios e dias libres e ao aumento proporcional da xornada de traballo de maneira prioritaria no caso de que aumente a carga de traballo no restaurante.

Seguir lendo Acordo no restaurante Sicilia in Bocca

Equilibra salud: os abusos patronais non dan tregua polo Nadal.

Esta ía ser una nota informativa para comunicarvos e celebrar a constitución da sección sindical de CNT na empresa “Equilibra Salud” S.L. Que a clase traballadora se organice para defender o seu é sempre unha boa nova, ademais de ser o que motiva a nosa existencia como sindicato, pero -como nos chistes- temos que dar unha noticia boa e unha mala.

Seguir lendo Equilibra salud: os abusos patronais non dan tregua polo Nadal.

Panadería Vila de Cedeira, paga o que debes.

O SOV da CNT de Ferrol ven de presentar reclamación por cantidades á panadería Vila de Cedeira, pola débeda que mantén cunha compañeira cuxo contrato rematou sen ser renovado.

A devandita empresa, que esixe maratonianas xornadas de traballo cando ten que cubrir encargas de empanadas para grandes superficies, tampouco aposta pola velocidade á hora de pagar os cartos tan duramente gañados.

Seguir lendo Panadería Vila de Cedeira, paga o que debes.

Estación de Servizo Coirós explota e despide.

Neste eido da loita sindical hai momentos nos que a tomadura de pelo por parte da clase empresarial (e a cómplice inactividade daqueles que deberían garantir o cumprimento da lei e, por iso, as nosas garantías laborais e dereitos) acadan niveis de ridículo tais que un dubida de se o motivo, por unha vez, en troques da habitual cobiza non será algunha forma grave de ignorancia.

Seguir lendo Estación de Servizo Coirós explota e despide.

Continúan as sancións en Médicos Sin Fronteras

As traballadoras e os traballadores de Médicos Sin Fronteras continúan a ser obxecto de sancións disciplinarias por non acadar os resultados esixidos pola Organización. Estas sancións derivan da aplicación cláusula sétima do anexo dos contratos, no que se estipula que de non acadar 6 socios á semana o traballador/a recibirá unha sanción, reservándose a Organización o dereito a un despedimento disciplinario da traballadora ou traballador no caso de ser amonestada/o varias veces.

Seguir lendo Continúan as sancións en Médicos Sin Fronteras

CNT, as eleccións e a abstención activa

As eleccións deste 20 de decembro representan un momento importante no proceso de mobilizacións que se iniciou en 2011. Por iso chegou a hora de que a esquerda en xeral adopte unha sa dose de realismo. Hai que pór os pés na terra e recoñecer que non existe unha vía fácil nin rápida á transformación social que moitos buscamos. A evidencia histórica é abafadora neste sentido: despois de século e medio de experimentos e propostas de todo cuño, ningún dos moitos partidos que se presentaron ás eleccións con propostas de cambio social (e mira que son!) logrou os seus obxectivos a través das institucións. Nin sequera cando alcanzaron o poder, conseguiron por si sós (isto é, sen unha forte mobilización que lles apoie na rúa) realizar ningunha das modificacións que se propuñan de partida. Efectivamente, a historia demostra que a vía institucional, a participación en eleccións e a ostentación de cargos, non son en absoluto formas de consolidar a capacidade política conseguida mediante a mobilización e a participación, senón ao contrario, a mellor maneira de dilapidala. Exemplos hai moitos, desde o propio PSOE, que leva desde 1879 causando vergoña allea, até o máis recente exemplo de Syriza en Grecia. Gañar unhas eleccións non é fácil, de seu, pero mesmo cando se consegue, o camiño ás transformacións que se propoñen segue sen estar despexado.

Seguir lendo CNT, as eleccións e a abstención activa
Call Now ButtonChámanos