Nós afacémonos a vivir con medo. Vivimos – máis ben sobrevivimos – alerta: alerta para chegar vivas e sas a casa cando saímos pola noite, alerta para non caer nunha relación de violencia machista, alerta para que non nos acosen, violéntennos, viólennos, asasínennos. O noso corpo sabe de memoria que músculos ténsanse cando escoitamos pasos demasiado preto de nós se camiñamos soas de noite. As nosas pulsacións dispáranse cando lle damos mil voltas a como enfrontarnos a ese tío baboso, a ese compañeiro baboso, a ese xefe baboso.
Seguir lendo O medo non nos salva. Xuntas coidámonos. Xuntas defendémonos