Nota de prensa da Asociación “Verbo Xido”
A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”, coa adhesión da Comisión pola Memoria “Siñor Afranio” que engloba nove asociacións do norte da provincia de Pontevedra, queremos denunciar que no día de onte, foi arrancada por descoñecidos a placa do monumento sito na Ponte do Barco (Pedre) en homenaxe a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, asasinados alí mesmo o 12/8/1936. Tamén, temos o convencemento de que o incendio que asolou aquel lugar o mesmo día da homenaxe levada a cabo no 70 aniversario daqueles atroces sucesos, foi provocado coa intención de impedir os actos, cousa que non conseguiron. Diante destes feitos, queremos precisar:
Seguir lendo Atentado fascista na Ponte do Barco (Cerdedo) no monumento de homenaxe a dous compañeiros asasinados no 1936