Diversos xornais galegos informaban dias atrás da escrita do Consello de Contas na que se analizaban as contas e modos de funcionamento da Universidade de Santiago de Compostela (USC), centenária institución académica. Critica o Consello de Contas as práticas realizadas pola USC durante estos últimos anos que han de se enmarcar na aplicación de princípios neo-liberais de valeirado de contido dos servixos públicos. Eis, nengunha das chamadas “Sociedades Instrumentais de Xestión” que criou a USC rendeu contas ante o Consello de ídem. Os nomes das empresas, nas que participa a USC, son: Unixest, Uninova,, Unirisco, Cursos Internacionais S.A., Unidixital e Galeras Entrerríos, esta última adicada a especulación inmobiliaria co solar do antigo Hospital Xeral para financiar o novo Campus da Saúde.
Seguir lendo Se en Dinamarca algo cheira a podre, na USC todo está apodrecido.