Homenaxe ás víctimas do Portiño

Este día 3 de marzo cúmplense os setenta anos do intento de fuga polo Portiño, o feito máis dramático de todas cantas fugas por mar intentáronse no noso País. Queremos lembrar pois tal data, na que morreron moitos homes, tanto nesa mesma noite do 3 de marzo, como nos meses posteriores, consecuencia do xuizo sumarísimo á que foron sometidos ós que caeron nas mans dos represores. Os pesqueiros “Generoso” e “José Linares” ós levarían fora de Galiza, para salvalos do cerco no que estaban sendo acorralados. Abortada a fuga, resultaron 28 detidos, outros ficaron alí mortos, afogados; algúns salvaron momentanemente a vida para rematar sendo atopados, ou outros con máis sorte, lograron fuxir noutra ocasión ou voltar de novo a seus agochos. Moitos dos detidos morrerán fusilados no Campo da Rata en outubro, e outros serán condeados a cadea perpetua. Todo por tratar de fuxir; poucos eran cadros destacados de sindicatos ou partidos, os máis, simples militantes, da CNT na súa maioría, obreiros mozos que fuxían da morte ou de calquera outra das formas de represión de seus verdugos. A fuga foi artellada pola organización coruñesa do “Despertar Marítimo”, que conseguiu rachar co cerco en diversas ocasións, máis non en esta. Quixeramos convidarvos a todos os mulleres e homes de ben que quixerades lembrar tal traxedia nas nosas costas.

Seguir lendo Homenaxe ás víctimas do Portiño

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña

Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña
Venres día 9 ás 19,30 h.

Despois do golpe militar de 1936, militantes do poderoso sindicato de traballadores do mar da Coruña, o “Despertar Marítimo”, da CNT, foron quen de preparar varias fuxidas por mar. Nelas marcharon os militantes máis comprometidos na resistencia e moita xente moza que desexaba evitar a chamada a filas no exército franquista. Despois de varias fugas exitosas en outubro e decembro de 1936, veu a fuga do Monte de San Pedro. Nela, varios militantes anarcosindicalistas coruñeses serían introducidos polos sindicalistas pesqueiros en dos barcos que ían sair a faenar, o “José” e “Generoso Linares”. Unha vez en alta mar, os barcos serían asaltados polos mariñeiros e militantes libertarios, para ir recoller a toda a xente que acudir á ensenada do Portiño.

Seguir lendo Homenaxe no peirao do Portiño (San Pedro de Visma)-A Coruña

8 de Marzo, máis que un dia

Neste século XXI segue a haber desigualdades que espantan a calquera Como é posíbel que o salário meio dunha muller sexa un 30% máis baixo que o dun home? Como se segue a consentir que a maternidade supoña en moitos casos a perda do posto de traballo? Porque tradicionalmente o acceso e participación nos ámbitos de toma de decisións, tanto no público como no privado, estaba-lle vetado à muller, e até fai ben pouco tempo, as mulleres renunciaban ao sistema educativo en pro dos irmáns. A muller era aprendida a servir aos demáis, a estares no doméstico con aptitudes sofridoras, conciliadoras e sobretodo de submisión.

Seguir lendo 8 de Marzo, máis que un dia

Constituida a sección sindical de CNT en Pizza Móvil

Recentemente, vári@s traballador@s de Pizza Móvil en Compostela veñen de constituir a sección sindical de CNT na empresa, ante as continuas vulneracións dos seus direitos de traballador@s.

O sector das pizzarias e da comida rápida-lixo en xeral é a dia de hoxe un dos que máis destacan polas precárias condicións de traballo e pola acusada temporalidade dos seus contratos.

Seguir lendo Constituida a sección sindical de CNT en Pizza Móvil

Charla de Carmen Blanco: Casas Anarquistas de Mulheres Libertárias

Carmen Blanco, feminista, escritora, ensaista, professora de Língua Galega da Universidade de Santiago no Campus de Lugo, centrou e centra fundamentalmente os seus trabalhos na mulher da que são mostra : Escritoras galegas, Libros de mulleres, O contradiscurso das mulleres, Nais, damas, prostitutas e feirantas, Mulleres e independencia, Luz Pozo Garza : a ave do norte e Alba de mulleres. Trabalhou dentro do feminismo independente na Galiza desde os anos setenta.

Seguir lendo Charla de Carmen Blanco: Casas Anarquistas de Mulheres Libertárias

Ante a actuacion de CCOO no Concello de Pontevedra

SECCION SINDICAL DA CONFEDERACION NACIONAL DO TRABALLO (CNT-AIT)NO CONCELLO DE PONTEVEDRA

Fronte os ultimos acontecementos no Concello de Pontevedra.

Denunciamos ante a sociedade e a propia dirección de sindicato CCOO a actitude totalmente feixista por parte de elementos de CCOO no Concello de Pontevedra. Nos últimos días tivemos a oportunidade de ver como intentaban impoñer a sua vontade e os seus intereses en contra do resto dos sindicatos e da enorme maioría das traballadoras e traballadores.

Seguir lendo Ante a actuacion de CCOO no Concello de Pontevedra

Un historiador xulgado por denunciar a represión franquista

A familia do antigo alcalde de Cerdedo e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar de 1936, Manuel Gutiérrez Torres, ten presentado unha demanda de conciliación contra o historiador Dionisio Pereira González que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo. Dionisio Pereira, especializado no movemento obreiro en Galicia e na represión durante e despois da guerra civil, foi denunciado por publicar a seguinte frase:

Seguir lendo Un historiador xulgado por denunciar a represión franquista
Call Now ButtonChámanos