O obxectivo deste artigo é analisar, desde unha perspectiva anarquista e de clase traballadora, o sistema económico no que vivemos: o capitalismo. Por falta de espazo, e ganas, por que negá-lo, só analiso “as cousas malas” do capitalismo, que non son poucas nen triviais, como poderán os leitores comprobar. Para convencer-nos das bondades do sistema, que algunhas ten, xa existen milleiros de sacerdotes que desde os púlpitos da universidade, as empresas e os mass-média intentan infrutuosamente convencer-nos de algo que a comparación coa realidade nos mostra como falso. De rebote, como non poderia ser doutra maneira, fica en evidéncia a social-democracia capitalista que só intenta por parches a este mega-problema estrutural que temos como seres humanos, o noso sistema económico e social. Xa se sabe que os parches, cando cobren algun lado, acaban reventando polo outro. Só é necesário facer unha reflexión empregando as aportacións deste artigo para comprobar que isto é así.
Seguir lendo O capitalismo, un sistema económico terrorista