Mentres limpabamos as praias, elas cobraban dietas

O señor Núñez Feijoo ven de nomear o seu novo governo autonómico. Forman parte do mesmo duas persoas para as que hoxe a CNT quere ter unha lembranza.

Cando se produciu a traxédia do Prestige en 2002, Beatriz Otero Mato, Conselleira de Traballo e Benestar, e Rosa Maria Quintana Carballo, Conselleira de Mar, desenvolvian tarefas de calado político no governo de Manuel Fraga; concretamente, a primeira era Delegada Territorial da Consellaria de Pesca na Coruña e a segunda estaba destinada na Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Seguir lendo Mentres limpabamos as praias, elas cobraban dietas

Conferéncia do ICEA en Compostela: “Crise capitalista e resisténcia d@s traballador@s: propostas para o movimento obreiro”

O vindeiro venres, 24 de abril, às 19:30, terá lugar no local da CNT de Compostela unha conferéncia a cargo dun membro dO Instituto de Ciencias Económicas y de la Autogestión (ICEA) de Madrid. Luis Buendía, do ICEA-Madrid, será o encargado de impartir a confereéncia baixo o título, “Crise capitalista e resisténcia d@s traballador@s: propostas para o movimento obreiro”. O acto fará-se no local de CNT-Compostela, en Rua Garcia Prieto, nº 24-28, (Conxo), às 19:30.

O ponente tratará de analisar como se ten xestado a actual crise económica e que consecuéncias, económicas e sociais, está a ter e pode ter para o devir da clase traballadora no Estado Español. Finalmente exporá para a su discusión pública as propostas que desde o ICEA se teñen elaborado para evitar que os prexuizos da crisis capitalista recaigan de novo sobre @s traballador@s.

Que é o ICEA?
O Instituto de Ciencias Económicas y de la Autogestión é unha entidade cultural de ámbito do Estado Español, onde se desenvolven actividades de docéncia e investigación en economia política e autoxestión obreira e social.

Seguir lendo Conferéncia do ICEA en Compostela: “Crise capitalista e resisténcia d@s traballador@s: propostas para o movimento obreiro”

Informátic@s solidari@s

Tentando visibilizar e solidarizarnos cos conflitos existentes no ámbito informático, a sección Siega instalou hoxe no interior do edificio administrativo da Xunta de Galicia un collage informando da situación de folga d@s compas de Séneca-EDM de Jaén e do delegado sindical despedido na empresa de antivirus Panda Security en Bilbao.

Seguir lendo Informátic@s solidari@s

Video da concentración solidaria en Ferrol

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol solidarizase co profesor represaliado por pedir aulas en galego. A asemblea do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol decidiu solidarizarse co profesor substituto represaliado pola Consellería de Educación polo feito de solicitar que as aulas de matemáticas foran impartidas en galego, tal e como sinala a lexislación vixente.

Seguir lendo Video da concentración solidaria en Ferrol

Faleceu en Barcelona Abel Paz

Abel Paz, seudónimo de Diego Camacho, faleceu onte en Barcelona. O seu nome permanecerá unido á figura de Buenaventura Durruti, de quen fixo a mellor e máis ampla biografia publicada até hoxe. Militante da CNT, participou na guerra civil e despois na loita clandestina contra a ditadura do Xeneral Franco. Foi detido e condenado a prisión en duas ocasións polas suas actividades anti-fascistas desenvolvidas no Estado español.

Publicou numerosos libros tanto de carácter auto-biográfico como histórico. Nunca foi considerado un historiador polos sacerdotes da Historia porque non se formou nas áulas universitárias e carecia do título oficial de “historiador”. Tanta mezquindade e tanta ruindade non serveron para evitar que a sua  biografía de Buenaventura Durruti fora traducida e publicada en  catorce idiomas.

Seguir lendo Faleceu en Barcelona Abel Paz

Concentración na delegación de Educación na Coruña

Na mañá deste dous de Abril, militantes da CNT de Compostela, Coruña e Lugo manifestamo-nos durante máis de unha hora nas portas da delegación da Consellaria de Educación da Xunta de Galicia na Coruña, onde está situada a Inspeción Educativa, reduto franquista que polo visto ten como último fin perseguir e sancionar @s profesor@s que, como o noso compañeiro Brais, reclaman o uso do galego nas aulas ou que non se mostran conformes con “planos de convivéncia” que permiten a entrada da Polícia e a Guardia Civil nos Institutos para realizar cacheos aleatórios e intimidar e criminalizar à mocidade.

Seguir lendo Concentración na delegación de Educación na Coruña

Concentramo-nos en solidariedade con Brais, profesor expedientado

Hoxe ás 10,30 comezaba os actos de constitución do novo parlamento de Galiza e alí fomos coa nosa pancarta e panfletos, para mostrar a nosa solidariedade co compañeiro Brais expedientado e tirado das listas de interinos e sustitutos da Xunta. Motivo ? Falar e reclamar no seu Seminario, cos “compañeiros” e coa Xefa de Estudos de que as aulas de matemáticas tiñan que ser impartidas en galego. Como todas sabedes este incidente produciu-se no IES “Manuel Murguía” de Arteixo no mês de abril do ano 2008.

Alí no Hórreo estaban as xentes da MNL, e nós fomos porque así o acordamos e pensamos que había que estar para que se vexa o que pasa, para que se visibilice.

O problema que hai con estes temas é que moitas de nós calamos, moitas de nós evitamos os problemas e a situación segue na mesma. Por non ter líos, por non criar-nos inimigos nos centros non dicimos nin chio, esa é a verdade do que acontece no ensino : a nova Xunta pode suprimir o Decreto de Regulamento do galego no ensino, mais co bipartito non se cumpria nen había vontade que se fixera.

Seguir lendo Concentramo-nos en solidariedade con Brais, profesor expedientado

San Precario 2009

Un ano máis desde a sección sindical de CNT no Siega, Informática da Consellaria de Educación da Xunta de Galicia, celebramos o noso querido San Precario no noso centro de traballo. Nesta terceira edición da festa contra a precariedade queremos facer un percorrido polos sucesos que sacudiron as nosas vidas laborais neste último ano.

Analisando a traxectoria da sección sindical podemos dicir que comezamos coa boa senda que viñamos mantendo desde a creación da sección. Así, logramos que outra compañeira acadara a categoría de analista-programadora. A continuación no tempo, producironse os despedimentos que xa tod@s coñecedes e que deron coma resultado, tras as obrigadas vacacións de 7 meses, coa nosa incorporación como persoal laboral indefinido non fixo. A calurosa benvida d@s compañeir@s o dia da nosa reincorporación fixo que pagara a pena o esforzo.

Seguir lendo San Precario 2009

Manifestación en Madrid contra a crise capitalista

Apesar do frio, a intensa chúvia e do prolífico dia de movilizacións que houbo onte, sábado 28 de Marzo en Madrid, por volta de 2.500 persoas marcharon en manifestación de Atocha a Sol convocadas pola CNT, marcha na que houbounha nutrida participación da Rexional Galaica.  Chamou-se á defensa operária, frente aos ataques que está a sofrer a clase traballadora (EREs, despedimentos, paro, medo…)  por parte do capitalismo e o estado, a conta da crise económica.

Seguir lendo Manifestación en Madrid contra a crise capitalista
Call Now ButtonChámanos