Outro piquete ás portas de kids&us

A CNT realizou o pasado martes outro piquete informativo ás portas da academia de inglés compostelana Kids&us para denunciar publicamente o despido de varias profesoras desta empresa.

Durante o piquete repartíronse centos de panfletos a nais e pais e veciñanza en xeral reclamando a readmisión das nosas compañeiras despedidas pola academia.

O piquete solidario informou tamén aos pais e nais das condicións laborais do persoal e das condicións dos seus propios nenos e nenas nas clases: teitos caídos, material compartido en clases simultáneas, etc.
A información sindical foi moi ben acollida polas nais e pais das que apreciamos a soliedariedade coa situación das súas antigas profesoras.

Desde o sindicato continuarán as accións revindicativas namentres a empresa non rectifique a súa actuación para coas nosas compañeiras despedidas.

Call Now ButtonChámanos