O pasado venres 12 de Abril a CNT de Compostela volveu concentrouse de novo ás portas do café-bar Stella, para esixir ao seu dono o pago da débeda cos seus empregados. Durante unha hora o piquete mantívose ás portas do local até que este quedou baleiro de clientes. O dono optou por baixar as persianas e así isolarse do que acontecía na rúa, exactamente o que leva a facer durante os últimos meses, nos que desde o sindicato se tenta chegar a un final a este conflito, tendo recibido apenas silencio por parte do empresario.
Entre as vulneracións dos dereitos dos traballadores practicadas por este empresario da hostelaría compostelá están:
- Non recoñecemento das horas extraordinarias.
- Impago do plus de nocturnidade e por festivos.
- Pagamento de salarios moi por debaixo do convenio.
- Impago de pagas extraordinarias.
- Impago de salarios
- Impago das indemnizacións polos despedimentos do bar El Santiagués, propiedade del e agora xestionado por outra persoa.
O dono deste estabelecemento segue sen acceder a negociar. Pensa que todas as súas vulneracións de dereitos aos traballadores van quedar en nada, que vamos a esquecer o tipo de explotador que é.
A CNT de Compostela estará as portas do Stella até que pague o que debe.