LIBEREN AO DOUTOR QUEZADA DOMINGUEZ

Publicamos esta carta que nos chegou dun colaborador do periódico mexicano de pensamento crítico Por esto! após o ataque que sofreu a sede do diário, atacado o pasado venres con várias granadas, causando dous feridos de gravidade. O próprio diário asinala como autores do atentado ao governo de Yucatán, interesado en calar cantas voces disidentes aparezan, ou a bandas do crime organizado ou do narcotráfico, continuamente denunciadas desde as páxinas do Por Esto! Tamén falan da posíbel autoria da Fundación Nacional Cubano Americana (FNCA), de Miami.

À Comisión Estatal de Dereitos Humanos

Qué tristeza tan triste o lamentábel e cobarde atentado en contra do diario POR ESTO! e o seu distinguido persoal que dia a dia traballa con todo profesionalismo e dignidade para informar-nos sobre a complexa realidade social que vivimos e sobre todo para denunciar o impune avance do narcotráfico na península e as múltiples corruptelas e sinvergonzadas que desde o governo do Estado de Yucatán xiran en contra da propiedade territorial dos camponeses e as institucións. Esa labor fundamental de sensor social do periódico POR ESTO! sen dúbida incomoda-lle a quen han ordeou ataques en contra do fogar, propiedade e seguridade física de reporteiros e as suas famílias. Agora incursionan con actos de terror lanzando granadas nas oficinas do periódico POR ESTO! en Cancún e Mérida.

Qué tristeza tan triste que, como nas máis falsas democracias latinoamericanas, se pretenda calar con violéncia a voz da dignidade e a verdade que POR ESTO! ergue con orgullo e con valor desde o momento mesmo da sua fundación. A gravidade destes abominabeis actos de violéncia e cobardía entreteje-se coa descomposición de institucións e a violencia estrutural que hoxe en dia exerce o Estado en contra de quen pensa diferente e de quen ten o valor e a dignidade da denúncia, o reclamo e a protesta.

Qué tristeza tan triste que tras o ataque brutal ao periódico POR ESTO! as autoridades encargadas de investigar deteñan abusivamente e pretendan incriminar a un académico universitário co mero argumento de ter sido identificado a máis de cen metros por un políca franco e de civil. Non señoras e señores. O Doutor Delfín Quezada Domínguez é un recoñecido antropólogo de probada honestidade e responsabilidade e esta-se-lle causando un dano enorme á sua persoa e unha grande dor à sua família, amigos e compañeiros universitários. Máis cedo que tarde o Doutor Quezada Domínguez demostrará de manera irrefutábel a sua inocéncia e entón poderá acudir aos médios legais para ser resarcido plenamente do enorme dano que lle causan.

Outro seria que tal acusación constitua unha cortina de fume para facer-lle crer á sociedade yucateca que tais ataques criminais son de parte dos amigos e colaboradores do POR ESTO! e non de parte de quen figura con nomes e apelidos nas múltiples denúncias que dia a dia dan a coñecer as valentes páxinas do POR ESTO!

Pero o máis preocupante é que se trate dunha forma de reprimir o
pensamento crítico e a libre expresión das ideas. Certamente o
Doutor Quezada Domínguez é un colaborador do Periódico POR ESTO! e nos seus múltiples artículos atopa-se a crítica a diversas institucións que por corrupción ou ineptitude non cumpren coas funcións ás que están obrigadas. Eso seria moi grave para Yucatán e para os universitários que colaboramos co POR ESTO! e cremos, por exemplo, que si houbo fraude eleitoral e que é un crime despoxar aos mayas das suas terras como o ven facendo o governo do Estado e o seu círculo de amigos.

De calquera xeito creo que o mellor será que os universitários que colaboramos nas páxinas de POR ESTO! enviemos cópia dos nosos artigos á Comisión Estatal de Dereitos Humanos, non sexa que ao rato nos acusen de terroristas, narcotraficantes, violadores ou simples “nacos perredistas”.

Jorge Mantilla

Call Now ButtonChámanos