Lembrao-o. Non te deixes pisar! 1 Maio 2006.

Este 1º de Maio ven marcado por unha reforma laboral que está a piques de ser asinada polos sindicatos da patronal, e que suporá unha maior precariedade laboral para os traballadores e traballadoras e unha merma nos nosos direitos. Esta nova reforma facilitará ainda máis os despidos colectivos e abaratará o custe aos empresários.

O dia 1º de Maio non é un dia mais é para lembrar o porqué do sindicalismo : os sindicatos naceron para defender non só os intereses económicos dos traballadores, senón que o seu desenvolvimento baseou-se no ideário dun cámbio dunha sociedade por outra máis xusta e solidária.

Non somos unha mercancia que se venda. Somos e seremos o que queiramos e non o que queiran que sexamos.

Este 1º de Maio a CNT-Galiza fará un mitin às 12,30 h na Sala Yago de Compostela e posteriormente fará-se unha manifestación pola cidade.
Non te deixes pisar!

Call Now ButtonChámanos