Kids&Us despide

Fai uns meses informabamos da constitución da sección sindical da CNT na empresa English 4 people, subsidiaria das academias de inglés Kids&Us.

Tras uns meses de negociacións infrutuosas coa empresa, sen alcanzar tan sequera uns mínimos, English 4 people sorpréndenos co despedimento de 3 compañeiras da sección da CNT.

Moita casualidade que, meses despois de que as traballadoras se uniran para reclamar os seus dereitos, a academia decida realizar unha “reestruturación” da que non explica ningún detalle. 

Desde a CNT denunciamos estos despedimentos inxustos e iniciamos conflito coa academia Kids&Us ata a readmisión das nosas compañeiras despedidas.

Call Now ButtonChámanos