Berra con nos na Coruña! As 12:30 na praza de Pontevedra.
Compañeiras da CNT!
O vindeiro primeiro de maio, como cada ano, sairemos as rúas para reivindicar o día da clase traballadora e darlle visibilidade a nosa loita sindical.
Nesta data, o mundo enteiro lembra o acontecido no ano 1886 na cidade norteamericana de Chicago, cando un grupo de traballadores anarquistas coñecidos como “os mártires de Chicago” foron executados por reclamar unha xornada laboral de 8 horas.
Mais non foi ata o ano 1919, coa folga de “La Canadiense” cando conquistamos ese dereito por primeira vez, tras 44 días de folga indefinida organizada pola CNT e que foi quen de parar toda a cidade de Barcelona.
Dende a CNT, o primeiro de Maio continúa a ser unha xornada de loita para todas as traballadoras que conformamos a clase obreira. Unha xornada para seguir conquistando os dereitos que nos pertencen e que patronal e clase política nos seguen a negar.
Se botamos a vista atrás, desde ese 3 de abril de 1919, debemos darnos conta de que sobran os motivos e faltan as escusas para continuar a organizarnos en sindicatos de clase e facer fronte a todo o que representa o poder que asola as traballadoras e que néganos unha calidade de vida digna tanto a todas nós, como as nosas fillas e maiores.
Xusto o pasado ano, a CNT Galiza celebrou con todas vós 100 anos de loita combativa e autoxestionada. Unha loita arroupada pola solidariedade obreira de todas as que formamos o sindicato: as compañeiras do metal, das Administracións públicas, da hostalería, do Consorcio Galego, dos GES, do ensino, da construción… As xubiladas, as estudantes e as demandantes de emprego. TODAS.
Por iso, queremos voltar a xuntarnos este primeiro de maio de 2023 con todas vós, esta vez na cidade da Coruña para encher as rúas e darlle voz a dignidade obreira. Darémoslle voz tamén ás compañeiras de Xixón encausadas polo caso de “La Suíza” e berraremos ben forte que facer sindicalismo, non é delito. Todas sabemos que os dereitos e os cambios se conseguen loitando, e as que formamos a CNT, diso sabemos algo.
Xuntas, cara a revolución social.
