CNT contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

Crónica da manifestación contra a mineria salvaxe na Galiza

Afiliados/as da CNT de todo Galiza achegaronse hoxe a Compostela para participar da protesta contra a mineria savaxe na Galiza que convocaba a rede ContraMinaAcción. Así, pechando a multitudinaria manifestación cunha faixa co lema “Non queremos medio ambiente querémolo inteiro” aportamos o noso grao de contribución a esta loita, que é a de todos e todas.

CNT contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

 

Contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

 

Contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

 

Contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013

 

Galiza corre un grande perigo de ser destruída pola política de venda do país ás grandes corporacións transnacionais, en particular ás empresas adicadas á MEGAMINARIA. Día si e e outro tamén aparecen no DOG novas autorizacións e concesións ás empresas mineiras para prepararen un total espolio e destrución da nosa terra e que leva consigo tamén a destrución do modo de vida e produción da veciñanza dos distintos lugares afectados. Especialmente rechamantes son os casos de Corcoesto, Xinzo, Fonsagrada-Eo, A Penouta,Serra do Galiñeiro,…

As diferentes Plataformas en defensa dos distintos lugares afectados acordaron establecer unha rede colectiva “contraMINAcción” coa que coordinarse para defender as nosas xentes, a nosa terra, os nosos recursos diante da voracidade do capital transnacional apoiada con entusiasmo polo goberno da Xunta de Galiza. Máis info en: http://www.mineriagalicia.org

Call Now ButtonChámanos