conferencia

Crónica da conferencia sobre a historia da CNT en Galiza

O sábado 12 de xullo celebrouse a conferencia sobre a historia da CNT en Galiza con Suso, afiliado do sindicato da CNT en Betanzos. O compañeiro fixo un percorrido dende os antecedentes do anarcosindicalismo ca primeira Internacional e as primeiras sociedades obreiras que apareceron na rexión no século XIX.

Asemesmo, Suso fixo un repaso sobre a evolución do anarquismo ao longo do último tercio do século XIX ca proliferación de sindicatos de carácter anarquista na Galiza. Xa a partir de 1910, ca fundación da CNT que tivo o seu antecedente na Federación Regional Española da primeira Internacional, o anarquismo aumentou a sua presencia no mundo do traballo ca aparición de sindicatos da CNT en diferentes lugares da Galiza dos que destacaron Coruña, Ferrol pero tamén Vigo e por suposto Vilagarcía de Arousa.

Sobre a presenza da CNT na nosa localidade destacou os antecedentes dos movimento libertario xa en 1890, pero sobre todo a existenza, xa nos anos 30 do século XX, dunha gran afiliación con cerca de 4.000 adheridos a sindicatos coma o do metal, o de traballadores do mar, estibadores, e cunha forte implantación e actividade sendo a principal central sindical nos anos 30. Exemplo de esto último foi unha folga de panadeiros que durou 7 meses e outras folgas que houbo no porto de Vilagarcía. Tamén destacou a algunhas figuras relevantes do anarcosindicalismo vilagarcián como foi Juan García Durán, mineiro e pescador, que protagonizou un tiroteo cun crebafolgas e tivo que fuxir a Coruña e que máis adiante desenvolveu un papel importante ca sua participación na loita clandestina contra Franco.

Suso falounos tamén da conflictividade social na II República provocada pola grande decepción que provocou no proletariado, coma así o demostran as accións represivas que tiveron lugar cos diferentes gobernos republicans. Todo isto sirveu para que afiliación da CNT en Galiza chegara aos 40.000 militantes ao comezo da guerra civil.

Por outra banda, e despois de facer un repaso xeral ao papel da CNT na resistencia antifranquista, Suso falounos ao longo de toda a sua exposición das diferentes maneiras de entender o anarcosindicalismo, e as diferentes líneas que nas distintas etapas da historia da CNT podense observar, e sobre todo na historia recente da Confederación en particular e do anarquismo en xeral.

 Ao término da conferencia houbo un debate no que intercambiáronse opinións e fixéronse preguntas sobre cuestións específicas da historia da CNT na Galiza. En xeral pódese valorar coma unha moi positiva experiencia que sirveu para un mellor conocemento da lonxeva historia deste sindicato e os seus principais antecedentes.

Call Now ButtonChámanos