O 8 de marzo, no día da Muller Traballadora, a CNT Arousa fixo unha concentración en Vilagarcía baixo o lema “Iguais na crise, iguais na loita”. Foi o único acto de istas características celebrado na cidade con motivo desta importante data, o que doulle unha importancia maior. A concentración transcurreu dende ás 20:30 ata máis das 21:30, tempo durante o que berrouse contra o capitalismo, o Estado e pola loita das mulleres, ademáis de facerse chamamentos a folga xeral que foron secundados pola mocidade que transitaba pola praza.
A concentración rematou ca lectura por duas compañeiras dun manifesto feito para a ocasión no que fíxose fincapé na situación de crecente pérdeda de dereitos das mulleres, da precariedade cada día maior, e a violencia a que son sometidas polo Estado e o capitalismo. Por outra banda tamén destacouse a situación do paro femenino na comarca, máis de 7.000 mulleres das que o 40% son de longa duración, que agravouse co peche das conserveiras. A todo isto débese engadir o chamamento pola construción dunha sociedade de homes e mulleres iguais para o que tamén é preciso a sua loita conxunta en pé de igualdade.