Hoxe erguiamo-nos coa notícia de que a Serra do Caurel, unha das zonas de maior riqueza ecolóxica e ambiental da Galiza, levaba toda a noite a se queimar en diversos pontos.
Ao tempo que o incompetente e inútil Suárez Canal se laiaba no Parlamentiño de que a Xunta non contaba con medidas suficientes para atallar a vaga de lumes que sofreu a nosa terra no mes de Agosto (e non terá el algo de culpa?); e ao tempo que os alcaldes post-fascistas do PP argallaban como seguir a tirar da corda política para apañar a meirande poltrona, provocaban-se novos incéndios en distintos pontos da xeografia galega, entre eles a mesma capital compostelá, pero tamén en Ribas de Sil, os municipios ourensáns de Biraiz e Cualedro e o pontevedrés de Sanxenxo.
Mais a zona peor castigada está a ser a serra do Caurel, que semella que comezou arder á primeira hora da tarde de onte dia 31 no Concello lucense de Quiroga, chegando ameazar diversas aldeas. O incéndio permanece activo e descontrolado. A desfeita ecolóxica deste lume pode ser tráxica. Monte baixo, carballos e castiñeiros centenários están a ser calcinados polas lapas que o vento segue a alimentar em direzón ao alto do Montouto, un dos cúmios máis simbólicos do Caurel, de 1543 metros, onde se atopa a Devesa da Cerva, ameazada polo lume.
Volve ficar clara a incompeténcia e a leda despreocupazón exultante dos nosos governantes, que daban chimpos nos sillóns ao ver que chegaba a chúvia, mais agora, outra volta co solo seco, Galiza volve arder até sen control. Agardemos que non se inície unha nova vaga devastadora, pois daquela como a ian controlar os nosos governantes? Bailaria Suárez Canal a danza da chúvia na Praza da Quintá?