Este apoderamento sirve para organismos públicos como o SMAC (servizo de mediación, arbitraxe e conciliación) ou o FOGASA (fondo de garantía salarial).
Versión actualizada – Maio 2023
Se localizas algún erro ou cambio no sistema, comunícao a sindical@cnt.gal para poder actualizar este documento.
MÉTODO 1. Apoderamento por rexistro (presencial)
A persoa interesada deberá pedir cita no rexistro que mellor lle conveña a través da web https://www.xunta.gal/cita-previa-oficinas
Escoller oficina e seleccionar o trámite “Inscripción no Rexistro Electrónico de Apoderamientos de Galicia (REAG)”, seleccionar o día e a hora. Ao continuar coa solicitude de cita chegará un SMS co código da cita.
Ao acudir á oficina do rexistro, indicar que se precisa un apoderamento para “calquera procedemento ante calquera ente público”. Indicar os datos da persoa apoderada, que recibiches a través do correo electrónico.
MÉTODO 2. Apoderamento no rexistro electrónico (telemático)
Se dispós de DNI electrónico, certificado dixital ou estás dado de alta no servizo de CHAVE 365 da Xunta, acude a este enlace.

Pulsamos no botón de “Tramitar en liña” e seguimos as instruccións para identificarnos, xa sexa coa Chave365 ou outro método electrónico.

Cubre a sección “DATOS DA PERSOA PODERDANTE” cos teus datos.
A sección “E, NA SÚA REPRESENTACIÓN” queda en branco.

Na sección “DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN” seleccionamos se queremos notificación electrónica (a través de notifica.gal) ou postal. Cubrimos os datos.
Na sección “DATOS DA PERSOA APODERADA” introducimos os datos da persoa que che vai a representar.

VIXENCIA DO PODER
Introducimos o periodo de vixencia do apoderamento, que terá que rematar polo menos un mes despois da data prevista para o acto de conciliación, xa que podería darse un aprazamento para chegar a acordo coa empresa.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Autorizamos a consulta do NIF.

Se ao premer “Continuar” a páxina parece non responder, significa que existe algún erro nos datos. Volver arriba e revisar os cadros que esten marcados en vermello para corrixilos.

Na pantalla “2. Anexar documentación” non é preciso achegar documentación, polo que prememos “Continuar” directamente.
3. Asinar e presentar no rexistro

Ao pulsar en “Asinar e enviar”, chegarache un SMS cun código numérico que deberás introducir na páxina. Una vez feito, poderás descargar o xustificante.
Envía o xustificante a sindical@cnt.gal
Método 3: Apoderamento propio do SMAC (presencial).
Hai oficinas do SMAC na Coruña, en Compostela, en Lugo, en Pontevedra, en Vigo e en Ourense.
Solicita cita por teléfono e indica que é para realizar un apoderamento para que che represente outra persoa. Ao chegar á oficina, indica o número do expediente e os datos da persoa apoderada, que recibiches por correo electrónico.
No caso de que o apoderamento sexa no SMAC onde terá lugar o teu acto de conciliación, ese apoderamento xa queda no teu expediente.
En caso de que o apoderamento sexa no SMAC doutra cidade, terás que facer chegar ao sindicato o documento orixinal. Podes traelo persoalmente ou envialo por correo postal á seguinte dirección:
Gabinete Sindical – CNT
Rúa García Prieto 24-28, baixo
15706 – Compostela
A Coruña
Teléfonos e localizacións
- SMAC A Coruña
Travesía Victoria Fernández España, s/n (enlace a mapa)
Tlf: 981 185 893 – 981 182 382 - SMAC Compostela
Edif. Admtvo. San Lázaro, s/n
Tfnos: 981 957 685 – 881 995 897 – 881 995 885 (enlace a mapa) - SMAC Lugo
Ronda de Fingoi 170, planta baixa (enlace a mapa)
Tfnos: 982 29 42 91 – 982 29 42 92 - SMAC Pontevedra
Avda. Ma Victoria Moreno 43, 4º planta (enlace a mapa)
Edificios administrativos, acceso por Xardíns de María Vinyals
Tfnos: 886 206 532 – 886 206 533 - SMAC Vigo
R/ Teófilo Llorente 6, baixo (enlace a mapa)
Tfnos: 886 111 103 – 886 111 104 - SMAC Ourense
Plaza Concepción Arenal, s/n (enlace a mapa)
Tfnos: 988 788 412 – 988 788 413