CNT ven de iniciar un novo conflito coa empresa hostaleira compostelana “Mercado Boanerges”, desta volta por mor do despido dun compañeiro afiliado a este sindicato.
Desde a CNT reclamamos a readmisión do noso compañeiro e 15.000 euros en concepto de indemnización por vulneración de dereitos fundamentais. O traballador foi despedido ao volver dunha baixa e despois de reclamar que lle pagasen os atrasos de convenio.
Recentemente a CNT abriu conflitos co Mercado Boanerges por outros traballadores que reclamaron horas extras, nocturnidade e atrasos de convenio. Esta empresa hostaleira comeza a ser máis coñecida polas súas condicións laborais que pola súa comida.