CNT informa. Setembro 2016

CNT Informa. Setembro de 2016.

Colexio Santa Apolonia condenado por vulneración de dereitos fundamentais
Profesor do colexio e delegado da CNT vén de gañar xuizo que dicta como nulos os múltiples ERTEs que a empresa aplica como táctica para tentar asfixiar traballadores que reclaman os seus dereitos. Entre outras cousas a empresa está denunciada por ter con contrato como celador a un profesor durante 24 anos.
MSF mantén conflito aberto mentres recúa na súa actitude discriminatoria
Mentres continúan os conflitos, tanto colectivo como polo despedimento dun traballador, a CNT concetrouse na Rúa do Preguntoiro aproveitando a visita do presidente da ONG. Tamén este mes MSF recuou na súa actitude discriminatoria ante a presión sindical, aínda que continúa nas súas prácticas intimidatorias a quen exixe os seus dereitos.
Informático da Xunta readmitido
Compañeiro de CNT, traballador informático da AMTEGA foi por finreadmitido máis de dous anos despois de ser despedido tras executarse sentencia do TSXG.A Xunta deberá aboar os salarios íntegros ao compañeiro segundo recolle tamén a sentenzae a súa vez crearonse dúas prazas públicas de nivel 25 onde antes había un subcontratado precario.
CNT demanda ao Concello de Moaña
Traballadora laboral do concello de Moaña presenta reclamación previa á demanda xudicial contra o Concello por fraude na contratación reclamando a indefinición do seu contrato. Reclámase tamén a catalogación do seu posto de traballo.
CNT interpón denuncia contra a Carpintería Víctor Campos
Denuncianse ante inspección de traballo as graves irregularidades en seguridade. A denuncia ven motivada por polas graves irregularidades que presenta a empresa en materia de prevención e seguridade.
Viva Maria condenada de novo a pagar o que debía
Afiliado a este sindicato ven de gañar un novo pleito á empresa Voodoo Trading S.L. que xestiona o compostelano comercio “Viva Maria” adicado á venda de productos para o autocultivo.
Admitese a obxección para non estar nunha mesa electoral
Xunta electoral de O Barco admite a obxección de conciencia “por estar debidamente xustificada” como eximente para non estar na mesa electoral.
Seminario de Formación Sindical: “Sindicalismo e Negociación Colectiva desde a Perspectiva de Xénero” 8 de outubro, Madrid.
O próximo 8 de outubro celebrarase en Madrid un seminario dirixida a toda a filiación da CNT. Este encontro formativo será de sesión matinal e estruturarase sobre dúas temáticas:Aspectos prácticos da perspectiva de xénero na nosa acción sindical e Plans de igualdade no ámbito laboral
CNT non busca (só) a Lorca
Durante demasiado tempo Lorca aparecía como o único triste habitante dunha fosa en terras de Granada. A duras penas e con contagotas empezaron a aparecer noticias sobre as súas acompañantes. O mestre asasinado por negar a existencia de Deus (e explicarllo a outros) e os nosos compañeiros militantes da CNT, Francisco Galadí e Joaquin Arcollas.
Facebook Web E-Mail
Call Now ButtonChámanos