A CNT realizará unha charla online en directo o próximo xoves 20 de outubro as 19:30 na súa canle de YouTube de CNT Galiza, pois ante a Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, é preciso unha análise sobre os cambios e particularidades que poden afectar ó persoal temporal público. Son moitas as dúbidas que están chegando á CNT.
Os temas que se analizarán serán:
– As novidades que trae a nova lei.
– O seu ámbito de aplicación.
– As perspectivas para o persoal público temporal.
– Casuísticas que poden producirse.
– A importancia da organización e da resposta a dar.