APOIO FOLGA ARENAL PERFUMERÍAS A CORUÑA

Dende a sección sindical de CNT da tenda de Ribadeo de Perfumerías Arenal queremos mostrar todo o noso apoio ás compañeiras das tendas da provincia da Coruña en loita por unhas condicións dignas de traballo e o aumento duns salarios miserentos.

Arenal duplica beneficios ano tras ano, obtivo un volume de facturacion no 2022 de 193 millóns de euros, todo a conta de sobrecargar de traballo ás súas empregadas, por trabas á conciliación persoal e laboral e non respectar os descansos que marca a lei na maioría das súas tendas, ademais de pagar uns salarios que habitualmente non exceden o SMI.

Subscribimos punto por punto as reivindicacións e denuncias das compañeiras da Coruña; Arenal Perfumerias explota laboralmente ás súas traballadoras e cando estas deciden organizarse sindicalmente para defenderse dos abusos, as ningunea e falta ao respecto, mentindo e coaccionando veladamente ademais de ignorar a demanda dos seus dereitos, algo do que podemos dar fe dende a constitución, alá por febreiro, da nosa sección sindical.

Por todo isto e polo que está por vir, queremos manifestar toda a nosa solidariedade coas compañeiras da Coruña. 

SE NOS TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODAS!!

Sección sindical CNT Tenda Arenal Ribadeo

Call Now ButtonChámanos