A empresa enfréntase a un procedimiento sancionador por incumprimento das condicións laborais.
Esta empresa non respecta os descansos mínimos diarios nin semanais nin paga os pluses correspondentes dos domingos e festivos aos seus traballadores.
Trala denuncia da CNT na ITSS, Serveo Social deberá cambiar os turnos para respectar os descansos do persoal e abonar os pluses dos domingos e festivos traballados desde 2022.
Desde a CNT seguimos loitando contra os abusos empresariais e a explotación laboral e lembramos que as traballadoras e traballadores son o motor das empresas e sen nós, non serven para nada.
A CNT aposta por un sindicalismo de base, de apoio mutuo e solidariedade, coa acción sindical como principal bandeira.