A CNT inicia conflito coa Asesoría Táboa Confixest SL

  • O sindicato CNT denuncia Táboa Confixest por débedas contraídas cunha traballadora
  • A asesoría non aplicaba o convenio correspondente e obrigaba a realizar horas extra sen compensación

A CNT ven de iniciar conflito coa Asesoría Táboa Confixest S.L. localizada na compostelana rua do Hórreo.

O conflito iníciase pola débeda que mantén a asesoria rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez cunha traballadora filiada á CNT. Segundo afirma o sindicato, a débeda orixínase «fundamentalmente das diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Con todo, o sindicato CNT salienta que aparte da reclamación de diferenzas de convenio, reclámanse «as horas extras que a empresa obrigaba a realizar á traballadora, polo cal estes explotadores acumulan unha débeda de máis de 3000 euros á nosa compañeira».

A dia de hoxe estes empresarios xa foron denunciados pola organización anarcosindicalista e adianta que «pronto comezarán a levar a cabo as accións oportunas» para conseguir os pagamentos pendentes.

Call Now ButtonChámanos