Neste mes de novembro continúa a folga no Consorcio, dende o día 2 ata o día 11. Como é habitual a folga irá acompañada de accións centradas nos políticos que queren decidir o noso futuro sen ternos en conta.
A presión non pode cesar, porque aínda queda o principal por gañar, e porque o conseguido ata agora pode desaparecer, sen presión pódense dar pasos cara a atrás.
A folga no Consorcio continúa a pesar de que a intentan afogar cuns servizos mínimos abusivos; a pesar de que os síndicatos da mesa xeral de negociación admiten calquera documento presentado por Función Pública… e os que votan en contra é o mesmo, porque non pisan a rúa para protestar. Función pública xa se sentou con nós e non puido conseguir desmovilizarnos; e xa sabemos o camiño para que se volte sentar.
As accións, como nos anteriores periodos de folga, serán diarias e a colaboración sempre é ben recibida. Se queres dar un paso máis na defensa do teu posto de traballo e participar das accións so tes que enviar un correo a sindical@cnt.gal co asunto “Eu colaboro na FOLGA” e no corpo do mail: Nome, teléfono e localidade.
Se non podes asistir apoia nas redes!!
Apoia co bono da folga no Consorcio!