Sigue o conflito con Mi bodegón latino, un restaurante colombiano no centro de Compostela onde fixemos estes días un piquete solidario no que denunciamos a escandalosa situación de explotación laboral neste restaurante, no que se abusa das traballadoras cun alarmante cúmulo de irregularidades que inclúen a ausencia de contrato e alta na Seguridade Social, xornadas laborais inhumanas de 60 horas semanais sen rexistro algún, salarios de miseria pagados en diñeiro negro, impago sistemático de horas extra e festivos, e a negación do dereito ao descanso en días festivos.
Seguir lendo Piquete solidario en Mi Bodegón Latino