27S: Xornada de loita en apoio a Palestina

O xenocidio en Gaza continúa, o número de vítimas é xa incalculable debido á magnitude da destrución.  Decenas de miles de persoas asasinadas, torturadas, violadas, mutiladas, atrapadas…. Unha poboación enteira que está a perdelo todo. Un desastre humanitario, pola práctica dunha violencia salvaxe e indiscriminada por parte do exército israeliano.

A xornada do 27 de setembro será un acto de solidariedade internacional e de loita obreira, de visibilización da mobilización en apoio ao pobo palestino e contra o xenocidio sionista.

Desde CNT Galiza, xunto con outras organizacións, respondemos a este chamamento á clase traballadora e apoiamos a participación nesta xornada de folga e mobilización para reivindicar:  O alto ao fogo en Gaza e que pare o xenocidio do pobo palestino, a fin ao comercio de armas con Israel, a ruptura de toda relación comercial, institucional e diplomática do estado español co estado sionista de Israel, e a retirada inmediata de todas as forzas militares na zona.

En Galiza desenvolveranse distintas manifestacións e concentracións previstas para o 27 de setembro:

  • A Coruña: Manifestación ás 20h no Obelisco.
  • Compostela: Manifestación ás 12h na Praza Roxa e concentración ás 19h na Praza do Obradoiro.
  • Pontevedra: Manifestación ás 20h en Loureiro Crespo, fronte ao Hospital Provincial.
  • Vigo: Manifestación ás 19h fronte ao Marco.
  • Redondela: Concentración ás 11h en Alfonso XII, fronte ao BBVA
  • Ferrol: Manifestación ás 20h na Praza Vella.
  • Ourense: Manifestación ás 20h: Saída dende Praza das Mercedes, remata na Subdelegación de Defensa, na Rúa do Paseo 35

Información sobre a folga do 27S: https://cnt.gal/a-folga-preguntas-frecuentes/

Call Now ButtonChámanos