1º de Maio en Compostela

Onte a CNT celebrou o 1º de maio en Compostela cun mitin no Cine Yago ás 12’30 de mañán. O patio de butacas estaba practicamente cheo e se chegou a contar 104 persoas sentadas e varias máis de pe. Houbo catro intervencións, a subliñar a do compañeiro de Pontevedra que nos contou cómo lograron poñer andar o sindicato anarco-sindicalista nunha cidade onde estabamos desaparecidos desde hai muitos anos e cómo fixeron para apañar un local no edificio sindical. Tamén se recaudaron cartos-bastantes-para os compañeiros e compañeiras de Barcelona que están en folga contra a empresa Mercadona

Ao remate do acto interpretou-se A las barricadas e a continuación comezou a manifestación que partíu do Cine Yago até o local sindical da CNT na rúa García Prieto, practicamente no outro extremo da cidade. Tres pancartas, bandeiras anarcosindicalistas da CNT e bandeiras anarquistas desfilaron polas rúas de Compostela un ano máis. Unha vez chegamos ao local sindical procedimos a dar conta dun xantar vegano.

O ano que ven estaremos outravolta na rúa.

Call Now ButtonChámanos