Ante a crise da vivenda, aumento salarial

Nos últimos anos o capitalismo neoliberal pisou o acelerador a todo gas para producir a maior acumulación de capitais da historia. Dende 2017 as rendas máis ricas do estado español, as do 1% máis rico, medraron un 43%. Este proceso seguiu parámetros similares en case todo o bloque occidental. É ben sabido que estes ricos pagan menos impostos que as rendas máis pobres.

Seguir lendo Ante a crise da vivenda, aumento salarial

En memoria de Salvador Puig Antich

O Goberno entregou o 16 de outubro unha declaración de recoñecemento e reparación á familia do anarquista catalán Salvador Puig Antich, executado por garrote vil o 2 de marzo de 1974. Nesta declaración, anúlase a condena e recoñécese a Salvador como vítima do Estado franquista e tamén a ilexitimidade do tribunal que o sentenciou a matar.

Salvador Puig Antich foi un anarquista e militante do Movemento Ibérico de Liberación-Grupos Autónomos de Combate (MIL-GAC), grupo relacionado con cenetistas no exilio que realizaban expropiacións a bancos para financiar publicacións e loitas obreiras.

Seguir lendo En memoria de Salvador Puig Antich

Novo piquete ás portas da Academia Kids&Us

Tras o despedimento das traballadoras coma resposta da empresa ás reivindicacións da sección sindical da CNT, desde o sindicato achegámonos ás portas da academia neste inicio do curso.
O piquete solidario informou aos pais e nais das condicións laborais do persoal e das condicións dos seus propios nenos e nenas nas clases: teitos caídos, material compartido en clases simultáneas, etc.

Seguir lendo Novo piquete ás portas da Academia Kids&Us

CAOS NO SPIF (Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais)

Coa aplicación do novo acordo de condicións laborais para o persoal funcionario do servizo (acordo e condicións que en uns distritos se aplica tamén ao persoal laboral e en outros non) prodúcese un desdobramento das cuadrillas, deixando máis da metade delas sen xefe de cuadrilla, ese desdobramento xunto coa non cobertura das baixas e vacantes tradúcese en que a gran maioria das brigadas están operativas soamente con un ou dous bombeiros forestais

Seguir lendo CAOS NO SPIF (Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais)
Call Now ButtonChámanos